ASÍ QUEDA O DEPOR 2023/24 CON VARIOS XOGADORES POLIVALENTES.

 

No día de onte pechábase o mercado de fichaxes e o RC Deportivo finiquitaba a plantilla ata o mercado invernal cas incorporacións do ex fabrilista Hugo Rama e o xove madrileño Pablo Muñóz.

Con certo criterio a plantilla queda como apuntamos na foto, con dous homes por posto, e coa posiblidade de entrada en convocatoria de canteiráns como Mella, Ochoc, (o que xa poñemos de parella con Barbero, Jairo, Nájera, Kevin, antre outros. O Fabril só xoga unha categoría por debaixo polo que será máis doado subir a algún rapáz, pero tamén farán falla para que o Fabril aguante a categoría.

Parécenos que a plantilla mellora en moito a do ano pasado, falla saber o rendemento de varios dos máis veteranos. A diferenza do ano pasado hai moitos xogadores que poden xogar en varias demarcacións, casos coma o de Barcia, que pode xogar na zaga ou no lateral esquerdo, Ximo Navarro, en defensa ou no lateral dereito, Hugo Rama, no centro do campo ou de enganche ca dianteira, Lucas, por detrás do dianteiro ou tirado a banda, Yeremay, extremo por ambas bandas, ao igual ca Davo, que ata pode xogar en punta, Valcarce, igual ca Davo, ou Cayarga por ambas bandas no extremo.

A diferenza do ano pasado hai que dicir que varios xogadores non se sabe nen a que viñeron, (Salerio, Arturo, Pérez, Kuki…).

O fútbol son contrastes, rachas e estados de ánimo. A posta en escea foi boa en canto a caudal de fútbol pero mala en canto a definición. O empate foi máis demérito dos deportivistas de cara a gol, que do Majadahonda, que a pesares de que se dixo que fixeron un bo encontro en defensa, a verdade e que o fixeron mal, pois entráronlle por ambas bandas e polo medio, creáronlle varias superioridades no ataque, pero a verdade é que quen fallo foi o Depor que o fixo moi mal de cara a porta.

Esta da foto é unha opinión nosa, que de seguro vos ao mellor colocaríades doutro xeito, pois nos 32 anos que levo indo a Riazor xa vin centos de miles de adestradores e todo ten o seu punto de vista según quen o fale.

. Sobre as críticas, (que a verdade é que has hai por todo, fágase o que se faga), coido que a canteira terá as suas oportunidades e malo sería que se as aproveitan o adestrador non lles de máis, non como fixo o ano pasado o mal recordado Óscar Cano.

Para min a única incognita segue a ser o adestrador Imanol Idiakez, porque ademáis de non coñecelo, non sei se saberá administrar este gran plantel que lle puxeron diante. Do primeiro encontro achácolle os tan só 2 trocos que fixo, podendo dar entrada a xogadores máis frescos de cara o treito final.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”