ASÍ QUEDA A LIGA DE FUTSAL DE CEE TRALA DISPUTA DOS ENCONTROS QUE HABÍA APRAZADOS DA 5ª XORNADA.

Secuencia do Fumes do Cal-Bar Rombos.

 

Tal e como vos adiantábamos días atrás a Liga de Futsal Cee “Suarea”, xogaba no día de onte os encontros que quedaran aprazados da 5ª xornada do 13 de Novembro, que non se disputara polo forte temporal. Trala disputa dos mesmos e ca vitoria do Bar Rombos e do Fidosec/London e xa con tódolos equipos con 7 encontros xogados, o liderato é para o Bar Rombos por golaveraxe cunha diferenza de 25 goles, 12 máis co Fidosec/London, e sigue en terceira posición o Villa de Cee a 3 puntos dos que comandan a liga.

 

Detalle do Atlético Raíces-Nueva María Teresa.

 

RESULTADOS 

Fumes do Cal 1-6 Bar Rombos
Atlético Raíces 2-2 Nueva María Teresa
Fidosec/London 2-0 Erreuve-Osteopatia

 

Corte do Fidosec/London-Erreuve-Osteopatia.

 

CLASIFICACIÓNS

 

VINDEIRA XORNADA

-Fotos e montaxes : Javi Marroco

-Texto : Xosé Búa “Pirata”