A liga para ata Abril no pavillón de Cee.
Disputouse a 16ª xornada da Liga de Futsal de Cee que dará paso a un parón de duas semanas ata despois da Semana Santa e a esta xornada disputada hai que sumar un encontro que tiña pendente de disputar o lider Fidosec/London, o cal venceu ao igual co da xornada o que fai que sume nesta xornada 6 puntos e abra unha fenda de 5 puntos co segundo clasificado, Bar Rombos, o cal derrotaba ao Erreuve Osteopatía por 0-7. O empate dos ceenses da semana pasada sumado aos dous encontros que xogou nesta o lider fai que a fenda na cabeza da táboa se ensanche, cos dous cos mesmos 15 encontros disputados. A liga para ata o 8-10 de Abril.
Aquí tes tódolos resultados do xogado esta semana :
Villa de Cee 2-1 SDRC Fumes do cal
-Wash & Relax FS 0-6 Fidosec/London
-Erreuve Osteopatía 0-7 Bar Rombos
Nueva María Teresa 4-2 Panadería Pichín
-Altamira FS 6-5 Atlético Raíces
Partido aprazado
Erreuve Osteopatía 0-3 Fidosec/London
CLASIFICACIÓNS
-Clasificacións e xornadas : Javi Marroco
-Texto : Xosé Búa “Pirata”