ASÍ LLES FOI OS EQUIPOS COSTEIROS NA 3ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “UNHA VITORIA, DOUS EMPATES E DUAS DERROTAS”.

 

Por unha operación nun ollo non podo estar exposto moito tempo a pantalla do ordenador, polo que de momento non vos poido traer as crónicas como cada tempada. Aquí tedes un pequeno comentario sobre como lles foi as 6 equipos que temos da costa na Primeira Futgal : 

 

PRIMEIRA FUTGAL

(Equipos da Costa)

-3ª Xornada-

-22/09/2024-

Bastavales UD 2-0 CF Muxía

SD Fisterra 4-4 SD San Lorenzo

Vizoño SD 0-3 SCDR Esteirana

Boimorto CF 3-1 CF Dumbría

UD Carral 1-1 SD Castriz

 

Unha vitoria, dous empates e duas derrotas foi a bagaxe dos equipos costeiros nesta terceira tirada da competición. A vitoria foi a da Esteirana a domicilio ante o Vizoño, (0-3), nun choque no que os de Iván González adiantábanse aos 8 minutos de xogo por medio de Oli, para poñer terra de por medio no 20 por medio de Rober “Pladur”. Toni no 65 deixaba o choque sentenzado. Suman así os esteiráns a sua segunda vitoria en 3 encontros.

A derrota era para o Muxía ante o Bastavales, (2-0), un choque no que os de Brión que chegaban con duas derrotas, superaban aos de Sergio “Pataca” con dous goles no primeiro tempo, 812´e 40´), para logo defender o resultado. A outra derrota era para o Dumbría, (3-1), ante o Boimorto. Cgeaban os dous con pleno de vitoria e o choque non se decideu ata o desconto final. Os de Pablo Conde igualaban no 82 por medio de Marcote, un gol que adiantaba aos boimorteses 2 minutos antes. Borja Casal facía dous goles nun desconto moi longo. Non gustou nada a arbitraxe aos dumbrieses e era expulsado con vermello direto o técnico dumbriés.

Choque espectacular o do derbi costeiro vivido no Arasolis, dos que lles gusta aos afeccionados, e dos que non lles gusta aos adestradores. Neste caso aos de Berdillo soubolles coma unha vitoria, non así aos de Diego Lobelos. Adiantábase o equipo de Marco aos 2 minutos de xogo cun tanto de Martín, e dous minutos despois de penalti, Adrián “Makaay”, poñía as táboas no marcador, e non tardaba en chegar a remontada pois Javi Pacín batía a Benjamín no 9. Un gol de Alberto Pombo en propia porta, (18´), poñía terra de por medio a favor do Fisterra, pero sería clave dez minutos despois o 3-2, que acadaba Taibo. Xa na segunda metade e con 10 minutos consumidos, Isaac Fábregas acudía a sua cita co gol e poñía de novo terra de por medio, e todo ía a trocar no desconto final pois Un gol en propia porta de Alejandro, (92´), poñía de cheo ao San Lorenzo na loita por levarse algo, e vaia se o fixeron pois 2 minutos despois, Hugo, acadaba a igualada final.

O outro empate dos noso equipos chegaba por medio do Castriz, que sacaba unha igualada ante o Carral, nun choque no que se adiantaban cun tanto de Borja aos 22 minutos de xogo e vían como lles empataban nada máis comezar a segunda, cun tanto de Crístian, 847´). Punto moi traballado dos de Miguel Chouza, que xogaron os derradeiros 10 minutos máis o desconto cun home menos por expulsión de Juan.

 

-CLASIFICACIÓN-

-3ª Xornada-

-Equipos da costa-

CF Dumbría : 6 puntos

SCDR Esteirana : 6 puntos

SD Fisterra : 4 puntos

10º SD Castriz : 4 puntos

13º CF Muxía : 3 puntos

16º SD San Lorenzo : 1 puntos

 

 

-4ª Xornada-

-29/09/2024-

CF Muxía-Boimorto CF, ás 19:00 horas

SD San Lorenzo-Bastavales UD, ás 17:00 horas

SCDR EsteiranaVea CF, ás 17:00 horas 

Club do Mar-SD Fisterra, ás 17:30 horas

SD Castriz-SD Agolada, ás 17:00 horas

CF Dumbría-Praiña Sporting Club, ás 17:30 horas

P.D. : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe.

 

-Fotos : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies