Tralo parón pola Romaría da Barca, que foi excepcional, recuperando toda a sua esencia tralos dous anos de pandemia, aquí estamos de novo, e traémosvos o que aconteceu nos encontros dos equipos da costa, na primeira xornada de liga, tanto na Preferente Norte, coma na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago.
1ª GALICIA G2
CF Silleda 0-4 Soneira SD
Non foi rival para os vimianceses o debutante Silleda, que deixaba o choque resolto no primeiro periodo. Aarón Fernández materializaba de penalti o primeiro, (22´), para que Borja abrise fenda no choque, (24´), e Iván Noya no 41 deixara o encontro moi da cara dos de Vimianzo. Na segunda metade Adrián Lema finiquitaba o choque, (81´).
SCDR Esteirana 0-1 Xallas FC
Leváronse os xalleiros o trunfo nun derbi moi bronco, con 2 expulsado por cada bando. Polos esteiráns, Manuel Tobío, (66´e 68), e o adestrador, Fernando Uxío, (vermello direto no 62´), e polos xalleiros, Alex Blanco, (69, e 90´), e tamén o adestrador, Adrián Vázquez, con vermello direto no desconto. Un total de 14 cartóns, (7 para cada equipo), amosou o coleciado, Borja Buján. O choque inclinouno para os de Santa Comba, Aitor Seoane, ao fío do descanso, (45´).
SD Negreira 1-1 CD Baio
Faltoulle pouco aos baieses para sumar de 3 neste inicio de campaña, pois tras adiantarse por medio de Souto aos 29 minutos de xogo, vían como lles empataban no 77´, cando os locais xogaban cun menos por expulsión do zagueiro, Fernando Sanín, (63´), con media hora de xogo por diante.
CF Mazaricos 3-1 CF Vista Alegre
Un treito final extraordinario dos mazariquenses foi clave para os do debutante no banco, Óscar Mingui. Tras adiantarse aos 9 minutos de encontro por medio de Esteban Pereiro, vían como lles empataban os santiagueses por medio de Héctor, ao fío do descanso, (45´). Non foi ata o 89, cando de penalti, Kevin rompía a igualada, e pouco despois, xa no desconto, Adrián Cives, facía o terceiro, para sumar os 3 primeiros puntos.
SR Calo 0-2 CF Dumbría
Bo encontro dos dumbrieses que deixaban o choque resolto na primeira metade con goles de Diego Estévez, (24´), e Darío Capelo, (39´), para na segunda metade controlar o choque e sumar os primeiros 3 puntos da tempada.
-Resto de resultados-
Cidade de Ribeira CF 4-0 SD Cruces
Cordeiro CF 5-2 SD Tordoia
Puebla CF 2-2 SD Agolada
CD Lalín 4-1 Flavia SD
PREFERENTE NORTE
SD Fisterra 2-2 Club Lemos
Mereceu a vitoria o novo Fisterra de Ángel López, na estrea no Arasolis. Adiantouse po equipo visitante aos 4 minutos de xogo, cun tanto de Marco, con tan só 4 minutos gastado, reaccionaba o equipo fisterrán e dáballe a volta o marcador con goles de Breixo, (35´), e Alejandro, (40´). O empate que sería definitivo chegaba aos poucos da reanudación, por medio de Daniel, (50´). Ata o final tentárono os fisterráns, e mereceron os 3 puntos, pero o balón non quixo entrar, nun choque que se volveu bronco na segunda metade, con 8 amonestados por parte local e 7 por parte visitante.
SD Sofán 0-4 Betanzos CF
Moito Betanzos para o Sofán, que recibeu dous goles en cada parte. Juan de Dora facía os dous primeiroe, (31´ e 38´), e aos 10 minutos do reinicio o seu compañeiro, Ramón, (55´), facía o terceiro. Juan de Dora, completaba un “Hat-trick”, no 70´.
-Texto e Foto : piratasdemuxia