ASÍ FOI MERCADO DE FICHAXES DO DEPOR E ASÍ QUEDA O EQUIPO :

 

Así quedou o mercado de fichaxes para o noso clube que no día de hoxe amplioulle o contrato a Álex Bergantiños e renovou a Borja Galán e a Keko Gontán. Como cara nova a chegada de Derik Osede. Tamén a boa nova de que Mujaid segue no equipo, e a inclusión de Diego Rolán o non haber acordo para sua cesión ou traspaso. Ademáis dos dorsais para esta tempada. Juan Rodríguez renovado antonte terá ficha de profesional co Xuvenil e Adri Castro, Alberto e Sanmartín que adestran co primeiro equipo terán ficha do filial e no caso de todos eles poderán alternar os dous equipos.

 

 

A listaxe de futbolistas cos seus respectivos dorsais que o Real Club Deportivo inscribiu para a Temporada 2020-2021 ao peche do mercado está formado por estes futbolistas:

1 Carlos Abad
2 Valín
3 Mujaid
4 Alex Bergantiños
5 Bóveda
6 Uche
7 Miku
8 Borges
9 Rui Costa
10 Lara
11 Borja Galán
12 Claudio Beauvue
13 Lucho
14 Gandoy
16 Nacho
17 Héctor
18 Derik
19 Borja Granero
20 Keko
21 Salva Ruiz
22 Rolan

 

19:05 : Álex Bergantiños prolonga o seu contrato por duas tempadas máis. Alex Bergantiños García (A Coruña, 7 de xuño de 1985) renovou o seu compromiso co deportivismo, ao prolongar o seu contrato dúas temporadas máis. Con 254 aparicións coa camiseta branquiazul, Álex é o 26º xogador con máis partidos oficiais na historia do Club, empatado con Diego Tristán e moi preto de Pedrito (262), Djukić (271), Ballesta (278), Alfonso Castro (280) e Naybet (284). Pasaron pouco máis de 9 anos do seu tardío debut co primeiro equipo deportivista, pois antes de dar o salto foi cedido a Xerez durante dúas campañas, mentres que noutra máis estivo a préstamo na Granada e o Gimnàstic de Tarragona. Álex estreouse co Dépor con 26 anos, o 27 de agosto de 2011, en partido de Segunda División en Riazor ante o Recreativo de Huelva (1-0).

A pesar das habituais cesións, Álex pertence á disciplina deportivista desde que ingresou no Club sendo xuvenil, en 2002. Desde a súa chegada procedente do Imperátor, Álex está a comezar a súa 19ª temporada como futbolista branquiazul. Álex sempre demostrou ser un exemplo de responsabilidade fóra do campo e de compromiso e limpeza dentro del. Isto último demóstrao o feito de que nos seus máis de 400 partidos no fútbol profesional nunca viu unha cartolina vermella.

.

 

 

18:00 horas : O RC Deportivo confirma a fichaxe do central Derik Osede que chega libre ao desvincularse do CD Numancia co seu descenso a 2ª B. Derik Osede Prieto (Madrid, 21 de febreiro de 1993) será xogador do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021. Central formado na canteira do Real Madrid, club ao que pertenceu entre 2002 e 2015, as dúas últimas temporadas militou no CD Numancia.

Derik, de nai española e pai nixeriano, foi internacional español en todas as categorías, desde a selección sub-16 até a sub-21, nun total de 27 encontros. No ano 2012 formou parte do combinado sub-19 que se proclamou campión de Europa en Estonia, nun equipo no que actuaban Jesé Rodríguez, Paco Alcácer, José Campaña, Denis Suárez ou Gerard Deulofeu e no que compartía titularidade no centro da zaga con Jonás Ramalho. Con ese mesmo equipo xogou ao ano seguinte o Mundial sub-20 de Turquía, no que España caeu ante Uruguai en cuartos de final. En cada un deses torneos, Derik marcou un gol.

A nivel de clubs, a súa carreira dividiuse en tres bloques. En primeiro lugar, o seu paso polo seu equipo formativo, co que xogou en Terceira e Segunda B nas filas do Real Madrid C e en Segunda e Segunda B defendendo ao Real Madrid Castilla. Co primeiro equipo foi convocado nunha ocasión en partido oficial, precisamente contra o seu novo equipo. O 14 de febreiro de 2015 estivo no banco no choque ligueiro entre Real Madrid e Deportivo (2-0) no Santiago Bernabéu. Carlo Ancelotti era o adestrador branco.

Ao acabar contrato no verán de 2015, Derik foise a Inglaterra, para asinar polo Bolton Wanderers FC da segunda categoría. En tres temporadas, nas que participou en 65 partidos, viviu un descenso á terceira división e o retorno inmediato ao segundo nivel. Despois de acabar a súa vinculación, asinou como axente libre polo CD Numancia en novembro de 2018. En Soria xogou as dúas últimas campañas na categoría de prata.

No fútbol español, Derik acumula unha experiencia de 65 partidos (3 goles) en Segunda División e de 37 encontros (sen goles) en Segunda División B.

16:30 horas : Sona con forza o central español con ascendencia nixeriana Derik Osede, de 17 anos e 1,83 metros de altura. A pasada tempada xogou no Numancia do que quedou libre co descenso a 2ª B.

 

 

14:00 horas : Keko Gontán renova ata o 2024

10:20 horas : Borja Galán renova por RC Deportivo ata o 2022.

10:00 horas : Presentación de Uche Agbo.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies