Instante da partida da Final Feminina.
Gran éxito de participación e orgañización no “XI Torneo Ponciano Nieto”
Gran éxito de participación no XI torneo Ponciano Nieto con cerca de 70 participantes, 68 en concreto, con inscripcións de última hora e sobrepasando o previsto pola organización coas mesas que tiña disponibles. A este torneo, ao que ningún dos inscritos falla, todos os invitados queren asistir polo ambiente que se respira no transcurso da competición en sí e sobre todo pola convivencia que se vive e desfruta entre todos durante a churrascada e que se prolonga ata o atardecer.
Nos resultados non houbo sorpresa nos masculinos pois dos anotados de última hora estaban o gañador do ano pasado Edu Quintela e Uxío Regueiro (xogador de 1ª nacional) que xogaron unha bonita final e moi igualada, 3-2 a favor de Uxío e 11-9 no 5º set. Tampouco no Open “B” donde José Sánchez impuxose co seu xogo lento a un Javi Rodríguez desconcertado e que non soubo resolver. Ni no infantil donde Julio Figuieras non tivo rivais. Donde si houbo algo de sorpresa foi no femenino donde Ana García perdía en semifinais contra Conchi López e esta na final con Beatriz Ceide.
A mesa dos magníficos trofeos artesanais.
Estes foron os primeiros clasificados en cada categoría :
Absoluta masculina ou Open A
1º Uxío Regueiro do Arteal TM (Santiago)
2º Edu Quintela do AD Zas
3º Juan Angel Ferreiro do MIlagrosa TM (Lugo)
4º Brais Blanco do AD Zas
Open B masculino
1º José Sanchez do Hípica Coruña
2º Javi Rodríguez do AD Zas
3º José Ramón Ramos do A Estrada TM
4º Julio Alvedro do CTM Coruña
Absoluto Femenino
1ª Beatriz Ceide do CTM Coruña
2ª Conchi López do CTM Coruña
3ª Ana García do AD Zas
4ª Andrea Valiño do Breogán Oleiros
Infantil masculino e femenino
1º Julio Figueiras do Vimianzo TM
2ª Laura García do AD Zas
3ª Lara Romero do AD Zas
4º A. R. Zamar do A Estrada TM
AGRADECEMENTOS
Por último agradecer a colaboración de todos os participantes que fixeron deste torneo un exemplo a seguir en calquer competición deportiva e tamén facer extensible o agradecemento as axudas recibidas por parte dos organismos oficiais como son o Concello de Zas, Deputación Provincia e Xunta de Galicia, como por parte dos particulares entre os que destacan Ponciano Nieto, Asesoría O Pinar, Bazar Baio, Gadis, Aluminios Xeal e Dimobel. E sobre todo aos propios xogadores e pais do AD Zas que atenderon maravillosamente a todos os que asistiron a este torneo.
-Un artigo e fotos de Stevo Zas-
++++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es