ASÍ FOI A XORNADA PARA AS CATEGORÍAS INFERIORES DO FISOBER FSF, CON ENCONTRO DE LIGA PARA OS CADETES E CONCENTRACIÓN EN AS PONTES PARA AS XUVENÍS E ALEVÍNS.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

No fin de semana tan só xogaba o cadete masculino, xa que o infantil non tiña liga, pero o martes festivo, “Día de Tódolos Santos”, había concentración, con dous encontros por equipos, para o alevín e xuvenil feminino en As Pontes de García Rodríguez.

 

Os cadetes do Fisober derrotaban o Narón.

 

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte e dentro da 7ª xornada de liga o Fisober recibía ao Cidade de Narón na mañá do domingo co resultado de cinco a cero a prol dos costeiros.

Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Javi, Iago Insua, Adrián; Tamén xogaron: Pablo Costa, Mario, Arturo, Alex, Iago Larrañaga.

Os goleadores foron: Iago Insua en dúas ocasións, Juan Emilio, Alex, Javi.

Os colexiados foron : Adán Cabo e Nicolás Antonio Cutrone.

Na vindeira xornada os costeiros dirixidos por Ana Mouzo visitan ao Noia Portus Apostoli, primeiro clasificado e o único invicto da competición xunto co Fisober aínda que cun partido máis cos costeiros.

 

Fisober FSF Alevín.

 

O martes era o turno das concentración femininas en Liga Galega.

Na concentración alevín o Fisober viaxaba As Pontes, no que era o primeiro viaxe xuntas para as rapazas dirixidas por Patri e Barca. Os partidos disputábanse no P. Monte Caxado.

Na mañá do martes disputaban a terceira xornada na Liga Galega Alevín Feminina dentro do Grupo B enfrontándose ao Arealonga Chapela co resultado de cinco a cero a prol das costeiras o que era o primeiro triunfo ca camiseta do Fisober para as máis pequechas do club.

Polo Fisober formaron: Carlota, Icia, Iria, Sabela, Zoe; Tamén xogaron: Lola, Carmen, Claudia, Xiana, Alba, Sara, Ainara.

Os goles foron obra de: Zoe, Xiana, Sara, Carmen e Claudia.

Os colexiados foron: Alejandra Bujía e Alexandre Pérez.

 

As alevíns felices pola dobre vitoria.

 

Na sesión de tarde disputaban a cuarta xornada enfrontándose ao conxunto local Lago Dvsport acadando tamén o triunfo por cinco a catro.

Polo Fisober formaron: Carlota, Iria, Lola, Carmen, Claudia; Tamén xogaron: Ainara, Xiana, Alba,Sabela, Sara, Zoe, Icia.

Os goles costeiros foron obra de: Claudia, Sara, Zoe, Carmen e Xiana.

Os colexiados foron: Alexandre Pérez e Alejandra Bujía.

A próxima concentración está prevista para o 21 de febreiro en lugar aínda por determinar, onde o Fisober xogará fronte ao SDCR Narón o Freixo e o Arealonga Chapela.

 

Fisober FSF Xuvenil.

 

Na concentración xuvenil o Fisober desprazábase a Narón ao PM de As Lagoas.

Na tarde do martes disputaban a terceira xornada de Liga Galega Xuvenil Feminina dentro do grupo A enfrontándose ao cadro local SDCR Narón o Freixo co resultado de dous a cero a prol das locais.

Polo Fisober formaron: Sharay, Uxía, Saray, Lucía Martínez, Kenny; Tamén xogaron: Claudia, Pauliña, Laura.

O colexiados foron : Roberto Amor e Jose Antonio Ramos.

 

Unha vitoria e unha derrota para as xuvenís do Fisober.

 

Na segunda sesión da tarde e dentro da cuarta xornada o Fisober dirixido por Dani Costa enfrontábase ao Viaxes Amarelle con resultado de catro a tres a prol das viaxeiras.

Polo Fisober formaron: Sharay ,Uxía, Saray, Lucía Martínez, Kenny; Tamén xogaron: Claudia, Pauliña, Laura.

Os goles foron obra de : Uxía en dúas ocasións e Pauliña.

Os colexiados foron : Ramón Bujía e Manuel Lozano.

A próxima concentración está prevista para o 21 de febreiro en lugar aínda por determinar, onde o Fisober xogará fronte ao SDCR Narón o Freixo e o Parrulo Ferrol.

 

AVISO

Por haber fotos de menores, se algún pai, nai, ou titor/a non desexa que salga o seu fillo/a, ou protexido/a, non ten máis ca contactar connosco ou co Fisober FSF, e sacarase a foto, ou a persoa en concreto.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

-Texto : piratasdemuxia