ASÍ FOI A XORNADA NA PREFERENTE NORTE : O SD SOFÁN MÁIS LIDER TRAS VENCER NO DERBI CO LARACHA CF, (4-2).

 

O derbi antre Sofán e Laracha non defraudou, (4-2)

Tal como vos avanzábamos na previa, na Preferente Norte esta semana só houbo competición no Subgrupo A, no que o choque estelar era o derbi antre o lider destacado, SD Sofán e o Laracha CF, que camiña na derradeira posición cun só punto. O encontro disputouse no campo “O Carral” de Sofán, (Carballo), baixo a arbitraxe de Adam Rodríguez Delgado, con Rubén Fernández e Carlos Sierra nas bandas. O encontro foi moi atractivo para o espectador e non se notou a diferenza na táboa. O 4-2 final aparenta que houbese diferenzas pero o choque chegou ao desconto con 3-2 no marcador. Adiantouse primeiro o equipo larachés cun tanto de Lucas, (20´) e daríalle a volta o marcador Paulo con dous tantos antes do descanso, (30´e 40´). Na segunda metade Martín facía o 3-1, (70´) que parecía definitivo, pero no 82´, Pablo Domingo poñía a emoción n encontro. De penalti no desconto, Raúl facía o definitivo 4-2. A derrpta do Victoria CF en Betanzos, (3-0), fai máis lider o equipo sofanista.

 

PREFERENTE GALICIA NORTE

SUBGRUPO A

(11ª Xornada)

Domingo 16/05/2021

  SD Sofán 4-2 Laracha CF

 Betanzos CF 3-0 Victoria CF

 Atletico Coruña Montañeros CF 1-1 San Tirso SD

Descansa : Atlético Arteixo

-Clasificación- 

 

SUBGRUPO B

(9ª Xornada)

Domingo 23/05/2021

SD O PinoPuebla FC

CD Boiro – SD Dubra 

Xallas CF – CF Noia 

-Clasificación-

 

SUBGRUPO C

(9ª Xornada)

Domingo 23/05/2021

SD SantaballésSD Sarriana

Ribadeo FC – CD Foz 

Club Lemos – SD Residencia

-Clasificación-

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies