ASÍ FOI A PREVIA DA “LX COPA DA COSTA” E ASÍ SERÁN OS DAZASEISAVOS DE FINAL.

O Malpica apeou o Zas no duelo de “cocos” da 3ª da Costa.

O pasado Domingo xogábase a previa da “LX Copa da Costa” con 4 encontros, tal e como vos informamos na nosa previa e na “AXENDA PIRATA”, e despois cos resultados dos encontros trala sua disputa. Aquí tedes o que deron de sí estes encontros cos seus goleadores e a cronoloxía dos mesmos, segundo as actas da web da RFGF.

Tamén tes máis abaixo como quedan os Dazaseisavos de final que serán a encontro único e na casa do equipo de inferior categoría xa que desta entran tamén os equipos da Primeira Futgal, e o Sofán, único equipo na Preferente Norte. 

 

Sporting Zas 1-2 SCD Malpica

Goles : 1-0, Touriñán, (41´); 1-1, Ferreiro, (76´); 1-2, Jonatan, (89´).

Clasificado : SCD Malpica

 

Sporting Seaia CF 2-6 CF Porteño

Goles : 0-1, Miller, (49´); 1-1, Kevin, (65´); 1-2, Alfredo, (75´); 2-2, Alejandro, (76´); 2-3, Pardiñas, (78´); 2-4, Miller, (83´); 2-5, Crístian, (85´); 2-6, Alfredo, (89´).

Clasificado : CF Porteño

 

CD Nantón 0-3 SD Coristanco

Goles : 0-1, Jonathan, (47´); 0-2, Dani Castiñeiras, (75´); 0-3, Javier, (82´).

Clasificado : SD Coristanco

 

Corme CF 1-2 UD Corcubión

Goles : 0-1, Iago Lema, (29´); 1-1, Joshua, (59´); 1-2, José Ramón, (82´).

Incidencias : O colexiado do encontro Alejandro Tato expulsou con dobre cartón ao xogador do Corcubión, David Lojo, (47´e 56´).

Clasificado : UD Corcubión

 

CHOQUES DOS DAZASEISAVOA DE FINAL

 

-Foto : Sporting Zas

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies