O Porteño sacou un punto do campo do seu rival histórico.
Por unha operación nun ollo non podo estar exposto moito tempo a pantalla do ordenador, polo que de momento non vos poido traer as crónicas como cada tempada. Aquí tedes un pequeno comentario sobre como lles foi as 6 equipos que temos da costa na Primeira Futgal :
LIGA DA COSTA
-2ª Xornada-
-22/09/2024-
Outes FC 2-2 Xallas FC
CD Muros 0-1 CF Lira
Cabana SD 2-3 CF Mazariccos
Corme CF 1-0 Ponteceso SD
Camariñas FC 2-2 CF Porteño
SD Coristanco 2-1 UC Cee
SD-UD Corcubión 0-2 UD Monte Louro
CD Baio 0-2 Soneira
Tan só o Soneira, que derrotaba a domicilio o Baio, (0-2), e o Coristanco que derrotaba o Cee, (2-1), foron quen de levarse os puntos por segunda xornada consecutiva, nunha xornada na que tivemos dous derbis, o que enfrontaba o Corme e o Ponteceso e que se levaban os cormeláns, (1-0), e o que enfrontaba o Camariñas e o Porteño, (2-2). Dos equuipos que caeron derrotados na primeira xornada tan só o Corme eo Monte Louro foron quen de sumar a sua primeira vitoria. Siguen nesta segunda tirada sen puntuar o Cee e o recén ascendido, Corcubión.
O lider por golaveraxe é o Soneira que tiña en Alberto “Vía” ó verdugo do Baio con un gol en cada tempo nun choque moi disputado e que non se decideu definitivamente ata o desconto final. Alberto batía a Javier Souto no 33´e como decíamos facía o da sentenza no descotno final.
Colidera o campionato con pleno de vitorias o Coristanco, de Iván Caamaño, que derrotaba ao Cee de Leo Picallo remontándolle o gol inicial de Carlos aos 30 minutos de xogo, resultado co que se chegaba o descanso. Saeu a por todas o equipo coristanqués na segunda metade e conseguía empatar aos poucos do reinicio cun tanto de Dani Castiñeiras, (49´). O gol que a postre lle daría a vitoria chegaba no 69 i era obra de Kevin. Incertidume ata o pitido final pero os puntos quedarían na Rocheira.
Encontro moi trabado e con demasiadas faltas o que se viveu no Conchido antre o Outes eo Xallas e no que os xalleiros xogaron cun home menos dende o 64 cando Iván Fidalgo vía o segundo amarelo, tamén acabarían expulsados o adestrador xalleiro Bruno e o seu compañeiro de banco, Jorge Quintáns. O choque comezou adiantándose o recén ascendido Xallas cun tanto de Marcos, (17´), gol que pronto neutralizaba para os outeses, Adrián, (23´). Xa na segunda metade un penalti poñía por diante os de Outes. Sergio era o encargado de materializalo, (54´). Non foi ata o 83, cos xalleiros xa en inferioridade cando Rubén facía o 2-2 definitivo. O colexiado José Manuel Sánchez tivo que amosar un total de 11 cartóns, un deles o Outes e o resto o Xallas, que como decimos, sufreu 3 expulsións, unha delas a do delegado con cartón vermello direto.
Vitoria do recén ascendido Lira ante o Muros, (0-1), no derbi de proximidade. Marcos no 85 facía o gol que desfacía as táboas nun choque limpo no que o colexiado Amine Alaoui non tivo que sacr ningún cartón. Primeira bitoria dos lirachos que viñan dun empate na primeira xornada fronte o Outes, 80-0), ante un Muros que sacara un moi bo empate na primeira tirada ante o Mazaricos, (1-1).
Faltoulle fuelle o Cabana na segunda metade ante un Mazaricos que fai que os encontros se fagan longos e que lles remontou un 2-0 nas Redondas. Miguel Blanco facía os dous goles da primeira metade para os de Mingui”, (27´e 43´). Pero na segunda metade era mellor o equipod e Marcos Domínguez, que acurtaba no 58 por medio de Manuel Sueiro, (58´), percutía e o propio Sueiro acadaba o empate no 71´. Quedaba tocado o equipo cabanés e 5 minutos despois Bryan facía o 3-2, que lles daban a primeira vitoria da tempada.
Debi intenso pero con poucos goles o vivido no Cairo antre o Corme e o Ponteceso, e no que Lucas facía o único gol do encontro aos 22 minutos de xogo para darlle os primeiros 3 puntos do campionato aos cormeláns que viñan dunha derrota no campo do Porteño (3-1). Pola sua banda os pontecesáns viñan dun empate no seu feudo no derbi de proximidade ante o Cabana, 81-1).
Derbi con moita “salsa” o vivido no Vicente Carril e no que o colexiado Alberto Pombo tivo que amosar ata 3 cartóns vermello, un ao Camariñas, (Soule), e dous aos do Porteño, (Darío e Yuyo). Púxoselle moi de cara o encontro os rapaces de Juanillo, xa que primeiro Hugo, (9´) e depois Djibril, (14´), que batía a Lema de penalti, poñían cun craro 2-0 no marcador, pero a reacción porteña non tardou e Yuyo facía o 2-1 a media hora de xogo. Xa no segundo tempo Pablo facía a igualada, (69´), pero a tensión e a busca da vitoria non acabou ata o pitido final, no que os de Cousillas e Baña sacaron un punto que lles souboi a vitoria.
Chegaba o Corcubión co desexo de sumar os seus primeiros puntos ante un Monte Louro que chegaba tras unha dolorosa derrota no seu feudo ante o Coristanco por 2-3. O choque transcurreu moi igualdo con alternativas para ambos e así acababa a primeira metade. Xa na segunda Xian rompía as táboas, (61´), e obrigaba ao equipo corcubionés a ir con todo a polo menos acadar o gol do empate, pero o que chegaba era o segunda dos loureses or medio de Pesco, (81´).
-CLASIFICACIÓN-
-2ª Xornada-
1º SD Soneira : 6 puntos
2º SD Coristanco : 6 puntos
3º CF Porteño : 4 puntos
4º Camariñas CF : 4 puntos
5º CF Mazaricos : 4 puntos
6º CF Lira : 4 puntos
7º UD Monte Louro : 3 puntos
8º Corme CF : 3 puntos
9º Xallas FC : 2 puntos
10º Outes FC : 2 puntos
11º Cabana SD : 1 puntos
12º CD Muros : 1 puntos
13º Ponteceso SD : 1 puntos
14º CD Baio : 1 puntos
15º UC Cee : 1 puntos
16º UD Corcubión : 0 puntos
-PREVIA-
-3ª Xornada-
-29/09/2024-
Outes FC-CD Muros, ás 16:30 horas
CF Lira-Cabana SD, ás 17:00 horas
CF Mazaricos-Corme CF, ás 18:00 horas
Ponteceso SD-Camariñas FC,
CF Porteño-SD Coristanco, ás 17:00 horas
UC Cee-UD Corcubión, ás 16:30 horas
UD Monte Louro-CD Baio, ás 17:00 horas
Xallas FC-Soneira SD, ás 19:00 horas
P.D. : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe.
-Fotos eTexto : Xosé Búa “Pirata”