O Camelle sumou o seu primeiro punto da tempada.
Por unha operación nun ollo non podo estar exposto moito tempo a pantalla do ordenador, polo que de momento non vos poido traer as crónicas como cada tempada. Aquí tedes un pequeno comentario cos resultados, clasificación e sobre como foron os encontros, ademáis da previa da vindeira xornada :
3ª DA COSTA
Pendente da 1ª Xornada :
SD Laxe 0-3 CD Nantón
-2ª Xornada-
-22/09/2024-
CD Baiñas 1-0 CF Muxía B
SD Camelle 3-3 UD Cerqueda
Sporting Zas 3-3 SD Sofán B
Sporting Seaia CF 2-3 Inter de Brens
Atlético Pereiriña FC 2-4 SCD Malpica
CD Nantón 2-3 Volantes de Baño FC
SCD Buño 1-1 SD Laxe
Descansa : SD Oza
Trepidante empate antre Zas e Sofán B.
Nunha xornada prolífica en goles cun total de 31, e na que marcarón tódolos equipos agás o Muxía B, tan só o Malpica e o Volantes de Baño repetiron vitoria nesta segunda tirada da 3ª da costa, sendo os malpicáns líderes por golaveraxe. Das 3 vitorias que houbo tan só unha foi para o equipo da casa, as outras duas foron dos equipos visitantes e logo 3 encontros remataron en táboas.
O Baiñas tiña que traballar a reo para levarse os 3 puntos ante o filial do Muxía, que viña de estrearse en liga cunha abultada derrota ante o Buño, (0-8), na previa da Romaría da Barca, e desta aguantaba o tipo. Un gol de Rulli aos 9 minutos de xogo dáballe a vitoria aos baiñeses que sumaban así os seus primeiros puntos da tempada.
Levouse os 3 puntos o Malpica para comandar a liga cun gol no desconto final, cando o marcador era de empate a dous e tras deixar ir unha ventaxe de 0-2. Fran Montes de penalti aos 18 minutos de xogo e 4 minutos despois de xogada, poñía en clara ventaxe aos malpicáns. Martín acurtaba distanzas antes do descanso, 840´). Xa na segunda metade Abel poñía as táboas no marcador para o Atlético Pereiriña, e non foi ata o 93 cando Crístian batía a Maikel Caamaño para levarse os 3 puntos.
Primeiros 3 puntos da sua historia para o Inter de Brens, nun choque ante o Sporting Seaia que se resolveu no desconto final con dous goles a favor dos ceenses cando o marcador refrexaba un empate a dous. David adiantaba os ceenses no minuto 2, gol que neutralizaba para o Sporting Seaia, Alejandro dous minutos despois. José Ángel mno derradeiro minuto da primeira metade poñía por diante de novo os de Brens. Comezou máis calmada a seggunda metade cos malpicáns buscando a igualada e os ceenses a espera dunha contra. Un gol en propia porta de Chrístian facía que o marcador se igualase, (78´). Todo apuntaba a un empate, pero primeiro David, e despois Santi Agulleiro, poñían un claro 2-4 no marcador.
Camelle e Cerqueda ofreceron un emocionante choque.
Emocionate empate antre o Camelle eo Cerqueda, (3-3), que puido caer de calquer banda. Lucas Caamaño estreábase como goleador dos camelláns aos 23 minutos de xogo, gol que neutralizaba para os cerquedenses Pedro xusto antes de enfilarse a vestiarios para o tempo de lecer. A volta do descanso era Sandro o que poñía de novo por diante aos de Sergio “Crejo”, (51´), e non foi ata o treito final cando Jesús Amado acadaba a igualada para os de Adrián Bardanca, (81´). Nun intre de descontrol e tras sacar de centro, de novo Amado batía o meta dos camelláns, Roi Búa, (82´), e xa no desconto Lucas Caamaño repetçia para poñer o empate no marcador, (93´).
Empate a un gol antre Buño e Laxe con dous goles seguidos pasada a media hora de xogo. Pablo adiantaba aos laxenses no 31 e seis minutos despois era Andrés o que voltaba a poñer as táboas no marcador. Unhas táboas que non se movería.
Empate antre dous dos favoritos a estar arriba na loita por todo, nun choque con alternativas e que pido caer de calquer banda. Nacho adiantaba ao Sofán B aos 12 minutos de xogo e conseguía empatar o Sporting Zas por medio de Iván redondo, (28´), pasado o ecuador da primeira metade. Nun ontre de inspiración das dianteiras, Dani Mato poñía por diante aos de Rubén Forján, (34´), tras culminar unha pena máxima, e sen tmpo a disfrutalo, Nacho Eirís empataba para os de Joseé Barca, (38´). Non se calmaron as cousas na segunda metade, pois non tardaba en poñer de novo por diante Raúl Corzón, (54´) aos zacenses, e a pesares de que David de Jesús poñía o definitivo 3-3 no marcador, (77´), con tempo por diante, o resultado puido caer para calquer lado.
Descandou : SD Oza
O Buño atesoura unha vitoria e un empate.
-CLASIFICACIÓN-
-2ª Xornada-
1º SCD Malpica : 6 puntos
2º Volantes de Buñoa FC : 6 puntos
3º SCD Buño : 4 puntos
4º SD Sofán B : 4 puntos
5º UD Cerqueda : 4 puntos
6º CD Nantón : 3 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 3 puntos
8º Inter de Brens : 3 puntos
9º CD Baiñas : 3 puntos
10º Sporting Zas : 1 puntos
11º SD Laxe : 1 puntos
12º SD Camelle : 1 puntos
13º SD Oza : 1 puntos, (1 encontro menos)
14º Sporting Seaia CF : 0 puntos, (1 encontro menos)
15º CF Muxía B : 0 puntos
O CF Muxía B xoga o sábado 28 de Setembro.
-PREVIA-
-3ª Xornada-
-29/09/2024-
CD Baiñas-SD Camelle, ás 17:00 horas
UD Cerqueda-Sporting Zas, ás 18:45 horas
SD Sofán B-Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas
SCD Malpica-Sporting Seaia CF, ás 17:00 horas
Inter de Brens-SD Oza, 18:30 horas
Volantes de Baño FC-SCD Buño, ás 16:30 horas
CF Muxía B–SD Laxe, ás 18:00 horas, (28/09/24)
Descansa : CD Nantón
P.D. : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe.
Na nosa web tamén tes a crónica e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa e 2ª Galega Feminina.
-Fotos : Belén Montero/Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”