ASÍ FOI A 1ª XORNADA DAS LIGAS DE FÚTBOL SALA DE BASE “COSTA DA MORTE” DE BENXAMÍNS E ALEVÍNS.

Esta pasada fin de semana comezaron as “Ligas de Fútbol Sala Costa da Morte”, unhas ligas vidas a menos, pero que este ano xa acumulan un número interesante de equipos con 6 equipos de benxamíns e 10 de alevíns.

Estas ligas que suman a sua 24ª edición, no pasado foron as culpables de que hoxe en día o fútbol base da costa teña o potencial que ten, xa que de aquí foron xurdindo os equipos de fútbol 8, (daquela fútbol 7), e pouco a pouco fóronse incrementando os equipos e crecendo as ligas de infantís, cadetes, e xuvenís, co xerme das fcategorías máis pequenas e o crecemento dos xogadores.

Esta semana, como decíamos comezaron as ligas e aquí tedes da man de Fran “Pioto”, unha das caras visibles destas ligas ao longo dos anos, todo o que deron de sí os enfrontamentos en benxamíns e alevíns.

 

 

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia

-Datos : Fran “Pioto”


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies