ASÍ FOI A 15ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL PARA OS EQUIPOS DA COSTA CON 4 VITORIAS E DUAS DERROTAS.

O Muxía na casa leva 8 vitorias en 8 choques.

 

Esta semana non vos puidemos traer as crónicas como cada semana por asuntos persoais e falta de tempo, como sabedes esta é unha web caseira e feita por min só e as veces poden pasar estas cousas, polo que pedimos desculpas.

A xornada saldouse con 4 vitorias e duas derrotas no que se refire aos equipos costeiros, unha desas derrotas ven motivada porque un dos choques con equipos da costa era un derbi. O liderato é do Club do Mar de Caión que sigue intratable  e ainda que desta volta costoulle levarse os 3 puntos ante o Praiña, 81-0), suma xa 11 vitorias e 4 empates nas 15 xornadas disputadas, sendo o único que continua invito. Destacable o papel dos costeiros con 5 equipos antre os 10 primeiros, o único que está en desafiuzo é o San Lorenzo que a pesares do troco do adestrador ainda non colle o tino e caía goleado nas Pedreiras por 1-6 ante o segundo, Carral. O Dumbría derrotaba o Esteirana, (1-3), e pecha o podio da clasifiación a 2 dous puntos do segundo pero cun encontro menos. O Muxía, intratable na Arliña, derrotaba ao Agolada, 81-3), e con un encontro menos está pretiño do podio e por detrás na 6ª praza o Fisterra que goleaba ao Vizoño, 83-0), un posto por debaixo o Castriz que goleaba na sua visita ao Vista Alegre, (2-4), e a Esteirana sin perder as opcións de engancharse máis arrriba a pesares da derrota ante o Dumbría ocupa a 10ª praza da táboa. O San Lorenzo sigue de colista a espera de enfrontamentos diretos cos da sua zona como pode ser o da vindeira semana ante o Agolada.

 

PRIMEIRA FUTGAL

-15ª Xornada-

-15/12/2024-

Vista Alegre SD 2-4 SD Castriz

SR Calo 4-0 Bertamiráns FC

SCDR Esteirana 1-3 CF Dumbría

Club do Mar 1-0 Praiña Sporting Club

SD San Lorenzo 1-6 UD Carral

CF Muxía 3-1 SD Agolada

Bastavales UD 3-2 SD Tordoia

SD Fisterra 3-0 Vizoño SD

Boimorto CF 4-0 Vea CF 

 

-CLASIFICACIÓN-

1º *Club do Mar : 37 puntos

*UD Carral : 32 puntos

 CF Dumbría : 30 puntos

 Boimorto CF : 29 puntos

 CF Muxía : 28 puntos

 *SD Fisterra : 25 puntos

7º *SD Castriz : 23 puntos

 SR Calo : 21 puntos

*Bastavales UD : 19 puntos

10º *SCDR Esteirana : 18 puntos

11º *SD Tordoia : 18 puntos

12º *Vizoño SD : 17 puntos

13º Praiña SPC : 17 puntos

14º *Vea CF : 17 puntos

15º *SD Agolada : 12 puntos

16º Bertamiráns FC : 12 puntos

17º *Vista Alegre SD : 5 puntos

18º SD San Lorenzo : 3 puntos

* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.

 

 

PREVIA

-16ª Xornada-

-22/12/2024-

Boimorto CF-SD Castriz, ás 16:30 horas

Bertamiráns FC-Vista Alegre SD, ás 17:00 horas

CF Dumbría-SR Calo, ás 16:30 horas

Praiña Sporting Club-SCDR Esteirana, ás 16:45 horas

UD Carral-Club do Mar, ás 16:00 horas

SD Agolada-SD San Lorenzo, ás 17:00 horas

SD Tordoia-CF Muxía, ás 16:30 horas

Vizoño SD-Bastavales UD, ás 16:30 horas

Vea CF-SD Fisterra, ás 18:00 horas

 

-Foto : Marina Busto-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies