Djibril marcou o primeiro dos camariñáns de penalti.
Esta semana non vos puidemos traer as crónicas como cada semana por asuntos persoais e falta de tempo, como sabedes esta é unha web caseira e feita por min só e as veces poden pasar estas cousas, polo que pedimos desculpas.
No que se refire a xornada o lider Camariñas sigue imparable e en fronte tiña a un oso duro de roer, o Baio que viña de 7 vitorias consecutivas e dous empate pero os de Juan Cabrejo leváronse o choque ante un rival direto. Os máis beneficiados da xornada foron o Monte Louro e o Xallas que abren distanzas co propio Baio, e co Soneira e Porteño, que caían nas suas visitas a Corme e Outes respectivamente.
Por abaixo o Muros tiña un duelo co Cee para abrir fenda cos de abaixo que están moi apilonados. Os ceenses colistas siguen sen levantar cabeza e xa teñen a salvación a 6 puntos. Tamén saeu beneficiado o Coristanco no seu duelo direto co Corcubión. Xunto aos corcubioneses tampouco puntuaron o Mazaricos, Lira e Cabana, que están a puntos agora co Coristanco. Antre o penúltimo, Corcubión, e o 9º, Outes, tan só hai 5 puntos e cos corcubioneses, penúltimos están por enriba cos mesmos puntos o Mazaricos e o Lira.
LIGA DA COSTA
-13ª Xornada-
-15/12/2024-
SD Coristanco 2-0 UD Corcubión
Camariñas FC 2-0 CD Baio
Corme CF 2-1 Soneira SD
Cabana SD 2-3 UD Monte Louro
CD Muros 4-2 UC Cee
Outes FC 3-0 CF Porteño
CF Lira 0-1 Ponteceso SD
Xallas FC 1-0 CF Mazaricos
-CLASIFICACIÓN-
-12ª Xornada-
1º Camariñas CF : 35 puntos
2º Xallas FC : 27 puntos
3º UD Monte Louro : 27 puntos
4º CD Baio : 24 puntos
5º SD Soneira : 22 puntos
6º CF Porteño : 19 puntos
7º Ponteceso SD : 18 puntos
8º *Corme CF : 17 puntos
9º Outes FC : 16 puntos
10º CD Muros : 15 puntos
11º Cabana SD : 14 puntos
12º SD Coristanco : 14 puntos
13º CF Lira : 11 puntos
14º CF Mazaricos : 11 puntos
15º *UD Corcubión : 11 puntos
16º UC Cee : 5 puntos
* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.
PREVIA
-14ª Xornada-
-22/12/2024-
Xallas FC–UD Corcubión, 21/12 ás 17:00 horas
CD Baio-SD Coristanco, ás 16:00 horas
Soneira SD-Camariñas FC, ás 17:00 horas
UD Monte Louro-Corme CF, ás 16:00 horas
UC Cee-Cabana SD, ás 20:00 horas
CF Porteño-CD Muros, ás 16:00 horas
Ponteceso SD-Outes FC, ás 17:00 horas
CF Mazaricos-CF Lira, ás 16:00 horas
-Foto : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”