Gran encontro do Zas ante un rival direto.
Esta semana non vos puidemos traer as crónicas como cada semana por asuntos persoais e falta de tempo, como sabedes esta é unha web caseira e feita por min só e as veces poden pasar estas cousas, polo que pedimos desculpas.
Treito final do ano fermoso nesta liga pola parte de arriba, o lider Malpica visitaba no derbi o Cerqueda, equipo que buscaba engancharse definitivamente a loita por todo. Os da capital municipal fixeron prevalecer a sua condiciónd e lider e leváronse os 3 puntos e siguen mandando con un sobre o Sporting Zas que tiña outro dos grandes rivais da loita por todo, o Volantes, e non tremeu ante a dificultade o equipo zacense e goleou a un rival direto, (5-0), para seguir a un punto do lider presionando. A goleada da xornada protagonizouna o Sofán B, que no duelo de filiais co Muxía amosou o poderío que ten nestas duas derradeiras tempadas e reengánchase de novo o máis alto ocupando o bronce no podio en detrimento do Volantes que cae a cuarta praza.
Dos da parte baixa o Baiñas goleaba ao Inter de Brens e encarámase a metade da taboa e houbo táboas no outro derbi malpicán da xornada antre Seaia e Buño, (1-1), así coma no que se podería tomar coma un derbi de proximidade o que enfrontaba ao Oza e o Nantón, (3-3), que deixou un choque entretido. Destacar que neste encontro os nantoneses sairon con camisetas de ánimo para o compañeiro lesionado Xoel, que terá que estar de baixa un par de meses por unha lesión de menisco. Tódolos nosos ánimos.
O Nantón mandoulle ánimos ao compañeiro lesionado, Xoel.
3ª DA COSTA
-13ª Xornada-
-15/12/2024-
SD Oza 3-3 CD Nantón
Sporting Seaia CF 1-1 SCD Buño
Atlético Pereiriña FC 4-0 SD Laxe
Sporting Zas 5-0 Volantes de Baño FC
CD Baiñas 5-3 Inter de Brens
UD Cerqueda 0-3 SCD Malpica
CF Muxía B 0-11 SD Sofán B
Descansa : SD Camelle
O Sporting Zas presiona ao lider.
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Malpica : 31 puntos
2º Sporting Zas : 30 puntos
3º SD Sofán B : 26 puntos
4º Volantes de Buño FC : 27 puntos
5º UD Cerqueda : 24 puntos
6º Atlético Pereiriña FC : 20 puntos
7º CD Baiñas : 16 puntos
8º SD Oza : 15 puntos
9º SD Camelle : 12 puntos
10º Sporting Seaia CF : 11 puntos
11º CD Nantón : 10 puntos
12º SCD Buño : 9 puntos
13º Inter de Brens : 8 puntos
14º CF Muxía B : 7 puntos
15º SD Laxe : 2 puntos
O SD Oza visita esta semana o SCD Buño.
PREVIA
-14ª Xornada-
-22/12/2024-
CF Muxía B–CD Nantón, 21/12 ás 17:00 horas
SCD Buño-SD Oza, ás 17:00 horas
SD Laxe-Sporting Seaia CF, ás 16:00 horas
Volantes de Baño FC-Atlético Pereiriña FC, ás 16:30 horas
Inter de Brens–SD Camelle, ás 16:00 horas
SCD Malpica-CD Baiñas, ás 16:30 horas
SD Sofán B-UD Cerqueda, ás 17:00 horas
Descansa : Sporting Zas-Foto Zas
-Volantes : Sporting Zas
-Foto Oza : SD Oza