ASÍ ESTÁN OS EQUIPOS DA COSTA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO, A FALLA DUNHA XORNADA PARA ACABAR A PRIMEIRA VOLTA E NESTE FINAL DO 2022 : “EQUIPOS EN VERDE, AMBAR E VERMELLO, COMA UN SEMÁFORO”.

Soneira e Mazaricos, verde e vermello dos equipos coste.

 

A falla dunha xornada para rematar a primeira volta, os equipos costeiros da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, ocupan tódalas cores dun semáforo. Digamos que o Soneira SD, Xallas FC e CF Dumbría, están na luz verde, posicionados na parte lata, cios vimainceses cuaertos, os xalleiros, quinto, e os dumbrieses, sextos. Na cor ambar están o debutante, SCDR Esteirana, e o CD Baio, e o CF Mazaricos na cor vermella, pero non moi lonxo de trocar a ambar, pero tamén se temos en conta de que o Fisterra na Preferente, non o salva máis ca un miragre, coma o da apertura das augas do Sinaí, habería arrastres, e nestes intres os mazariquenses sion terceiros pola cola e caerían a Liga da Costa.

O Soneira é o mellor situado na parte alta, no que os equipos costeiros, pero no 2023 terá que mellorar os seus números en defensa, algo que lle privou de estar máis arriba. Os vimianceses, son os que teñen peores números en defensa dos 9 primeiros con 20 goles encaixados. O lider, Cidade de Negreira, suma 10 goles en contra, polos 9 do SD Negreira, e os 12 do CD Lalín, que son os equipos que teñen por diante os de Vimianzo, pola contra en goles a favor, os de Pedro Gómez, sumán 31, sendo os terceiros máximos realizadores netste eido, por detrás do lider e o Lalín. 

Moi bos números neste eido tamén do Xallas, e do Dumbría, que veñen detrás dos da Terra dos Moscoso, mellor os dumbrieses, con 31 goles a favor, igual cos soneiráns, e tan só, 14 en contra.

A Esteirana ben enlazando bos e malos resultados e mantense na parte media da táboa, (11º), pero non pode durmirse, pois esto é moi longo e complicado, e ten que mellora os números nos goles que marca, pois só fixo 18, e os que recibe, (26). Cousa que tamén lle pasa o Baio, pois a pesares de marcar 24, que non está mal, recibeu a frioleira de 35. O Mazaricos, pasa por dificultades a hora de marcar, con só 17 dianas, e recibe moitos, (37´), sendo o terceiro equipo dos 18 equipos da liga, que máis goles recibe, só por detras, dos dous que están en descenso direto, e que suman, o Silleda, 38, un máis cos mazariquenses, e 7 máis co colista, CF Vista Alegre, que con 1 punto é o máximo candidato o descenso, se non se cumpre unha miragre.

 

 

1ª xornada do 2023 o 8 de Xaneiro con dous derbis

A actividade comeza o 8 de Xaneiro do 2023, e como prato forte temos dous derbis, o CF Dumbría recibe a SCDR Esteirana, eo CD Baio ao CF Mazaricos, ambios derbis con moita necesidade para todos, os dumbrieses por seguir enganchados a polo menos a loita pola promoción, e os esteiráns pola permanenza, e no caso de baieses e mazariquenses, ambos pola permanenza. Pola sua banda o Xallas FC recibe ao liuder, nunha loita de ambos por todo, e o Soneira SD, recibe ao Puebla FC, que busca engancharse a loita pola promoción, cousa que tamén é menester dos de Vimianzo. Na táboa non poñemos horarios, pois ainda non os hai oficiais.

 

 

Os da costa mandan nos goleadores

Destacar que na táboa de máximos artilleiros están no podio, como primeiro e segundo, os xogadores do CF Dumbría, Diego Estévez, e o do Soneira SD, Javi Souto, e co seu compañeiro Iván Noya, as portas do bronce.

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia