ASÍ ESTÁ O TEMA DAS ENTRADAS PARA O DECISIVO DEPOR-ALBACETE.

A Federación de Peñas pide a Grada de General para os habituais dela.

 

A RFEF de novo está a tratar aos afeccionados de mala maneira, unha vez máis amosando que só lle importan os cartos e que os afeccionados importámoslle un carallo. Temos que decilo así de claro, porque ademáis de que somos unha web sen censuras, que non se vende con ninguén, hai cousas que se deben decir no ton que se sinten.

É de impresentables a estas alturas de semana, que para un encontro do que xa saben dende o sábado, onde e cando vai ser a afección sega sen saber nada e que todo o que ronda sexas meras especulacións.

En principio filtrouse que o Albacete mercou 2.000 entradas e que ten reservadas 1.000 máis, e que o RC Deportivo solicitou 26.000, o que asegura que o encontro sexa en Riazor, pois o seguinte campo é Balaidos e só conta con 17.000 localidades.

O parecer, coma no anterior encontro, o RC Deportivo solicitou que os socios teñan preferenza a hora de coller a sua entrada, cousa que din ainda non lle foi contestada. A RFEF non lle permiteu que fose o clube deportivista o que venda as entradas aos seus, como si pasou co Linares, e o parecer vai a pasar co Albacete, que no seu estadio tivo unha media de 4.000 espectadores, e que o máis seguro non venda as 3.000 que solicitou. No suposto caso de que agoten esas entradas, o estadio quedaría mermado, xa que como pasou ante o Linares, na mesma zona de abaixo da “Xaula”, (curva de Pabellón Superior), para onde vai a afección visitante, non haberá público, por motivos de seguridade. Se viñesen eses tres mil, a parte dos visitantes ampliaríase a Preferencia Superior.

Todo apunta a que se poñerán a venda mañán mércores a partires das 18:00 horas, (hai quen nos día que desta vez ás 13:00 horas, pero hai mutismo sobre este caso que xa debería estar anunciado tralo final das semifinais).

As entradas voltarán a ser, (salvo trocos), de 18 euros, máis “imposto”, os fondos, 22 as preferencias e 26 as tribunas.

A forma de mercalas será por https://tickets.rfef.es/, que a pasada semana se colapsou nada máis abrise a venta e pasaron a vendelas por https://taquilla.rfef.es/rfef2e1/es_ES/tickets, como de seguro que voltará a pasar.

A Federación de Peñas pide General para os socios

Dende a Federación de Peñas pediron nas redes sociais e no grupo de whatsapp das peñas, que os que merquen entradas, deixen as da grada de General, (hoxe en día Marathón Inferior), para os socios habituais desta grada, a ialma do estadio, onde se ubican os Riazor Blues, e os milleiros de socios que se unen a eles, xa estes son a banda sonora do estadio, e os que fan de directores de orquesta da mesma. Sen eles todo sería distinto. Un chamamento ao que nos unimos, (e non por estar nesa grada dende fai moitos anos).

Con todo esto a RFEF está a xogar ca ansiedade de tódolos afeccionados, e por enriba cóbrannos 1´50 euros en cada entrada, pola xestión, e visto o visto, deberían de pagarnos eles pola mala xestión.

As críticas a que se xogue en Riazor, unha falacia

Xa quixeran tódolos equipos xogar en Riazor. Que lle pregunten o Linares. A RFEF lévase un 60% do montante da recaudación da venta de entras, así coma os 1´50 euros por entrada da “xestión”. Os equipos lévanse un 20% do cobrado na venta de entras, cada un.

Sobre unha recaudación estimada a baixa, sen imposto, de 520.000 euros, o Linares, por xogar en Riazor envoldouse 104.000 euros, 8ao igual co RC Deportivo). Nos outros campos, Logroñés e Villareal B, recaudaron na Malata, 1.600 euros cada un, e Ferrol e Villareal B, que xogaron en Balaidos, leváronse 16.000 euros cada un. Todo esto sobre unha estimación cunha media de 20 euros a entrada. Hai que ter en conta que as entradas son a 18, 22 e 26 euros, polo que no caso do estadio coruñés, a media de seguro que é máis alta.

-Foto e Texto : piratasdemuxia