Fase de Permanenza 1ª Galicia
O Corme é un dos que peor o ten…pero non imposible.
Así están as cousas na Fase de Permenenza da 1ª Galicia, na que dos 5 equipos que temos loitando pola permanenza, tres están en situación límite.
O Soneira e o Dumbría xa teñen, a falla de duas xornadas para o remate, os deberes feitos, namentras que Corme, Ponteceso e Volantes de Baño, están ca auga chegando a cuberta, e precisan os puntos coma nun barco con vía de auga unha bomba de achique.
Aquí tes grupo a grupo como están as cousas :
Grupo 1
Lider destacado o CD Lalín e segundo o CF Dumbría que xa ten asegurada a presenza na proxima edición da 1ª Galicia. A loita pola permanenza está antre 3 equipos, SD Agolada, (11 puntos), Corme CF, (7 puntos) e SD Esclavitude, (6), ocupando a cuarta praza os cormeláns, sendo eles os que teñen menos puntos dos que ocupan esta praza, polo que son os que máis complicado o teñen. Precisan imperiosamente gañarlle esta semana o SD Agolada, rival máis ca direto na salvación.
Grupo 2
Lider destacado o SD Tordoia, e segundo o SD Cruces, co primeiro chanzo en xogo, pero os dous salvados. A loita pola permanenza está ao igual co Grupo 1 antre 3 equipos, Volantes de Baño CF, (10 puntos), UD O Val, (10 puntos) e Ponteceso SD, (9), ocupando a cuarta praza os do Ulla, por golaveraxe peor golaveraxe cos de Baño, pero a cousa complícase porque descansan esta fin de semana, e para máis INRI, o Ponteceso recibe ao Val do Ulla, ante o que só lle serve unha vitoria, pois os pontecesáns descansa na derradeira xornada. Todo moi igualado na loita nestas duas xornadas que restan, e o que pase esta fin de semana pode ser vital, xa que o Val do Ulla acaba recibindo ao SD Tordoia, lider do grupo.
Grupo 3
Lider destacado o Soneira SD, e a partires de aquí, pode pasar de todo, pois é o grupo máis igualado e co CCD Taragoña xa descendido, son 3 equipos os que se xogan evitar a cuarta praza, pero a diferenza dos outros 2 grupos, pouco teñen que facer nas duas xornadas que restan para acabar o que quede no cuarto posto, ser dos dous con mellor puntuación. O Cordeiro, segundo no grupo, suma 13 puntos e non debería ter problema, o CD Belvís, con 12, e o Praiña Club con 11, buscarán sumar a lo menos unha vitoria para non pasar problemas.
PREVIA 9ª XORNADA
-Penúltima-
Grupos 1
SD Agolada – Corme CF
Día : 15/05
Hora : 17:30
Campo : Hospitalillo, (Agolada)
Árbitro :
CD Lalín – SD Esclavitude
Día : 15/05
Hora :17:00
Campo : Anexo Manuel Ánxo Cortizo, (Lalín)
Árbitro :
Descansa : CF Dumbría
CLASIFICACIÓN
CD Lalín : 22 puntos
CF Dumbría : 18
SD Agolada : 11
Corme CF : 7
SD Esclavitude : 6
Grupo 2
SD Tordoia – SD Cruces
Día : 15/05
Hora : 18:30
Campo : Gorgullos, (Tordoia)
Árbitro :
Ponteceso SD – UD Val do Ulla
Día : 15/05
Hora : 18:00
Campo : O Pinguel, (Ponteceso)
Árbitro :
Descansa : Volantes de Baño FC
CLASIFICACIÓN
SD Tordoia : 18
SD Cruces : 16
Volantes de Baño CF : 10
UD O Val do Ulla : 10
Ponteceso SD : 9
Grupo 3
CD Belvís – CCD Taragoña
Día : 15/05
Hora : 18:00
Campo : As Cancelas, (Belvís)
Árbitro :
Cordeiro CF – Praiña Sporting Club
Día : 15/05
Hora : 18:00
Campo : Municipal de Baño, (Valga)
Árbitro :
Descansa : SD Soneira
CLASIFICACIÓN
Soneira SD : 19
Cordeiro CF : 13
CD Belvís : 12
Praiñas Sporting Club : 11
CCD Taragoña : 5
-Foto : Fin Lema
-Texto : piratasdemuxia