FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA
O Muxía recibe a un sempre difícil Cabana.
O luns poñíamos que o Coristanco tras empatar coa Esteirana, (0-0), facía o Muxía lider da liguiña polo ascenso a 1ª Galicia, tendo en conta a clasificación emitida pola RFGF na sua páxina web, non sabíamos que baremo usaban, pois os dous equipos con este resultado e a vitoria dos muxiáns en Castriz empataban a 14 puntos. A única explicación que lle atopábamos era que se situasen os equipos polas vitorias, (4 dos muxiáns por 3 dos esteiráns), e o consultar, dinnos que se toman o golaveraxe xeral, xa que estes equipos non se enfrontan antre eles o vir do mesmo grupo. Nese eido os esteiráns están por diante con +8, polos +5 dos da Vila da Barca. Polo tanto seguen os de Esteiro no primeiro posto.
Quedan duas xornadas, 6 puntos en disputa, os que decidirán quen dos dous ascende, pois é cousa de dous. Os esteiráns reciben esta fin de semana ao SD Castríz e rematan a liga visitando ao Cabana SD, namentras que os muxiáns reciben esta fin de semana ao Cabana SD e despiden a loita polo ascenso visitando ao SD Coristanco. O que menos falle nestes dous encontros será o que leve o premio do ascenso, o outro terá que esperar ao que fagan os 3 equipos que temos en perigo na loita pola permanenza na 1ª Galicia.
PREVIA 5ª XORNADA
Muxía CF – Cabana SD
Hora : 17:00
Campo : A Arliña, (Muxía)
Árbitro : Adrián Pérez Rellán
SCDR Esteirana – SD Castríz
Hora :18:00
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)
Árbitro : Gustavo Vidal Fonseca
CD Muros – SD Coristanco
Hora : 17:00
Campo : Agra de Filgueira (Louro)
Árbitro :Jesús Piñeiro Lugo
Clasificación
SCDR Esteirana : 14 puntos
Muxía CF : 14
Cabana SD : 8
SD Castriz : 5
SD Coristanco : 4
CD Muros : 2
-Foto e Texto . piratasdemuxia