FASE DE PERMANENZA NA LIGA DA COSTA
O Nantón é dos que teñen a soga o pescozo.
A cousa está moi complicada para varios equipos dos 3 grupos no eido de acadar a salvación na Liga da Costa e a baixada automática a unha 3º da Costa que non debería existir, e que non se salva cada tempada dun esperpento, ou polo número de equipos, ou por xogar, 3-4 voltas, e este ano despois de xogarse unha liga completa, facer dous grupos da mesma polo ascenso. O dito patética.
Aquí tes un pouco como están as cousas a falla de duas xornadas no tocante a permanenza na Liga da Costa e a previa da penúltima xornada. Baixan fixo o último de cada grupo e o número pódese incrementar cos arrastres que haxa das ligas superiores.
Grupo A
Camariñas e Cerqueda chegan cos deberes feitos e a loita está antre Baiñas, (7 puntos), e Nantón, (3), moito máis complicado para os nantoneses que dependen do que faga esta semana o equipo baiñés, xa que na derradeira xornada xogan contra eles.
Grupo B
San Lorenzo, (13 puntos), ten todo amarrado e ao Monte Louro, (11), teno na man, pois os que se xogan a vida son o Lira, 3º con 6 puntos e o Malpica, 4º cos mesmos 6 puntos, e ademáis xogan esta semana en terras malpicanas, un choque a cara de can.
Grupo C
Cee e Outes vivirán duas xornadas de preparación para a Copa da Costa, namentras que Sporting zas, (5 puntos), e Buño, (5), loitarán por quedar de terceiros, (agora son os zacenses), e teñen na derradeira xornada un choque antre eles en Zas.
Todo canto falamos na situación de baixar só os 3 últimos de cada grupo, que como apuntábamos, cos arrastres haberá algún descenso máis.
PREVIA 5ª Xornada
-Grupo A-
Camariñas FC – CD Nantón
Día : 14/05
Hora : 18:30
Campo : Hermanas Patiño, (Camariñas)
Árbitro : Carlos Señarís Balsas
CD Baiñas – UD Cerqueda
Día : 14/05
Hora : 18:00
Campo : Municipal de Vimianzo
Árbitro : Manuel Espasandín Romar
Clasificación
Camariñas FC : 15
UD Cerqueda : 14
CD Baiñas : 7
CD Nantón : 3
–Grupo B-
SCD Malpica – CF Lira
Día : 15/05
Hora : 17:00
Campo : Pedra Queimada, (Malpica)
Árbitro : Óscar Santos Rodríguez
SD San Lorenzo – UD Monte Louro
Día : 15/05
Hora : 17:00
Campo : As Pedreiras, (Berdillo)
Árbitro : Óscar Rey Sánchez
Clasificación
SD San Lorenzo : 13
UD Monte Louro : 11
CF Lira : 6
SCD Malpica : 6
-Grupo C-
UC Cee – Sporting Zas
Día : 14/05
Hora : 17:30
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro : Marcos Ordóñez Rodríguez
Outes FC – SCD Buño
Día : 15/05
Hora : 17:00
Campo : O Conchido, (Serra de Outes)
Árbitro : Abel Fernández Lodeiro
Clasificación
UC Cee : 14
Outes CF : 11
Sporting Zas : 5
SCD Buño : 5
-Foto de arquivo, e Texto : piratasdemuxia