ASÍ COMEZAN O 2025 OS EQUIPOS DOS VETERANOS DA COSTA DA DIVISIÓN DE HONRA E DA 1ª GALICIA.

Este Domingo retómase a competición nos veteranos da costa.

 

Trala disputa dos encontros que había pendentes e dos que vos demos contada información, este vindeiro Domingo 12 de Xaneiro do 2025 retómase a actividade nas duas ligas de veteranos da costa, xa con tódolos equipos co mesmo número de encontros xogados e co Atlético Carballo e o San Ramón como claros combatentes na loita polo título de liga na División de Honra, separados por un só punto, e co Castriz e o Oza na loita polo título da 1ª Galicia e o ascenso direto, neste caso tamén separados por un punto. 

Na loita por evitar o descenso na División de Honra a vitoria no parón navideño do Corme sobre o Ponteceso fai que os cormeláns iniciemn o ano con moitas aspiracións a salvarse xa que apretaron tanto a parte baixa que agás o colista, Cabana, a 9 puntos da salvación, os cormeláns teñan a 1 punto por enriba ao Mazaricos e Coristanco, a dous o Ponteceso e a 3 o Cances que ocupa a 9ª praza.

Aquí tedes como comezan este 2025 os equipos das duas ligas costeiras, tanto no clasificatorio coma nos enfrontamentos e horarios da primeira xornada do ano.

Goleadores

O podio da loita polo Pichichi esta con Robin Mallo, (SD Oza), na primeira praza con 13 goles, (1 de penalti), en 12 encontro, seguido de Crístian Buitrago e Mohamed Lharaoui, (ambos do Soandres CF), con 13 goles, o primeiro en 9 choques e o segundo en 11. Para a terceira praza deste podio temos a David Castro, (A Piña), con 10 goles en 10 choques.

 

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-CLASIFICACIÓN-

 Atlético Carballo SD : 38 puntos

 ACD San Ramón Veteranos : 37 puntos

 CD Razo : 28 puntos

 Veteranos CF Dumbría : 27 puntos

 Sporting Zas : 22 puntos

 ACD San Román : 18 puntos

7º SD Soneira : 18 puntos

 SD San Lorenzo : 17 puntos

 CF Cances : 15 puntos

10º ADCV Ponteceso : 14 puntos

11º SD Coristanco : 13 puntos

12º CF Mazaricos : 13 puntos

13º Corme CF : 12 puntos

14º Cabana SD : 4 puntos

 

-PREVIA-

-15ª Xornada-

-12/01/2025-

CF Mazaricos-ADCV Ponteceso, ás 11:15 horas

Atlético Carballo SD-Cabana SD, ás 09:45 horas

ACD San RománVeteranos-CF Cances, ás 10:00 horas

  SD San Lorenzo-CD Razo, ás 10:30 horas

Sporting Zas-ACD San Ramón, ás 10:30 horas

 Corme CF-SD Coristanco, ás 10:00 horas

CF Dumbría-Soneira Veteranos, ás 10:00 horas

 

1ª GALICIA DE VETERANOS

-CLASIFICACIÓN-

 SD Castriz : 28 puntos

 SD Oza : 27 puntos

 SCD Buño : 22 puntos

 Veteranos SCD Malpica : 20 puntos

 Soandres CF : 18 puntos

 SD Fisterra Veteranos : 17 puntos

7º SD Sofán : 17 puntos

 CV Leiloio : 15 puntos

 ADC A Piña : 15 puntos

10º CD Nantón : 11 puntos

11º Sporting Bértoa : 10 puntos

12º Deportivo Carballo : 2 puntos

 

-PREVIA-

-13ª Xornada-

-12/01/2024-

 Veteranos SCD Malpica-SD Fisterra Veteranos, ás 10:30 horas

SCD Buño-SD Oza, ás 10:00 horas

 Sporting Bértoa-Deportivo Carballo, ás 12:00 horas

SD Castriz-Soandres CF, ás 10:30 horas

SD SofánCV Leiloio, ás 10:00 horas

ADC A Piña-CD Nantón, ás 09:45 horas

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies