ASÌ ACABARON O 2024, E ASÍ COMEZA O 2025 NAS LIGAS DE VETERANOS DA COSTA.

Acácabase o 2024 e aquí vos traemos como o van as ligas de Veteranos da Costa, como foi a derradeira xornada do ano e como será a primeira.

Na División de Honra parece que a loita está antre o ascendido a esta tempada, Atlético Carballo e o San Ramón, ambos equipos separados por un punto cos carballeses na primeira praza e sendo o único que sigue invicto con 14 xornadas disputadas e “Campións de inverno”, pola sua banda os laracheses caeron en unha ocasión e foi precisamente ante os carballeses o 20 de Outubro, (2-0). O terceiro, Razo, acaba o ano no podio da liga de terceiro a 9 puntos dos laracheses e 10 do lider. Por detrás a un punto dos racenses o Dumbría a un punto tras perder a terceira praza na derradeira xornada do 2024.

Na loita por evitar o descenso o Cabana, colista, está moi lonxe da salvación con só 4 puntos, a 5 do penúltimo, (Corme), e a 9 do antepenúltimo, (Mazaricos). Os cormeláns poderían abrir maior distanza pois este Domingo xogan o encontro que fora suspendido da 10 xornada, un choque moi complicado pois visitan ao Ponteceso, (10:00 horas). Este choque fará que a clasificación xa esté igualada a encontros disputados antre tódolos participantes. Unha vitoria dos pontecesáns faría que subisen un par de postos na clasificación igualando co San Lorenzo, e se a vitoria fose cormelana neste derbi, poñería aos do Roncudo a 1 punto de Mazaricos e Coristanco e a 2 do propio Ponteceso.

Goleadores

O Pichichci desta división é para Iván Rojo, (Atlético Carballo), con 21 goles, (2 de penalti), en 11 encontros disputados, sendo a prata para Braulio Vecino, (Sporting Zas), con 15 en 12 choques, e completando o podio o bronce é para Mario Rodríguez, (San Ramón), con 14 en 13 encontros disputados.

Na 1ª Galicia G2, non temos ningún encontro pendente polo que a clasificación é a final deste 2024 co Castriz como “Campión de inverno”, e a un punto o Oza. Perdeu comba o Buño neste treito final de ano e distanciouse da cabeza tras 3 derrotas consecutivas que o levaron do liderato a terceira praza en 3 semanas, pero sigue con opcións de todo. Non tan grave foi este treito final de ano para o veciño Malpica, pero un inesperado empate ante o Nantón na derradeira xornada deste 2024, fixo que se afastasen un pouco da cabeza da táboa, e tendo en conta de que viñan ca flecha hacia arriba tras 3 vitorias seguidas.

Goleadores

O podio da loita polo Pichichi esta con Robin Mallo, 8SD Oza), na primeira praza con 13 goles, (1 de penalti), en 12 encontro, seguido de Crístian Buitrago e Mohamed Lharaoui, (ambos do Soandres CF), con 13 goles, o primeiro en 9 choques e o segundo en 11. Para a terceira praza deste podio de final de ano temos a David Castro, (A Piña), con 10 goles en 10 choques.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-14ª Xornada-

-22/12/2024-

ADCV Ponteceso 1-4 Atlético Carballo SD

Cabana SD 2-2 ACD San Román Veteranos

CF Cances 3-1 SD San Lorenzo

  CD Razo 4-2 Sporting Zas

ACD San Ramón 6-1 Corme CF

 SD Coristanco 1-1 CF Dumbría

Soneira Veteranos 3-0 CF Mazaricos

 

-CLASIFICACIÓN-

 Atlético Carballo SD : 38 puntos

 ACD San Ramón Veteranos : 37 puntos

 CD Razo : 28 puntos

 Veteranos CF Dumbría : 27 puntos

 Sporting Zas : 22 puntos

 ACD San Román : 18 puntos

7º SD Soneira : 18 puntos

 SD San Lorenzo : 17 puntos

 CF Cances : 15 puntos

10º *ADCV Ponteceso : 14 puntos

11º SD Coristanco : 13 puntos

12º CF Mazaricos : 13 puntos

13º *Corme CF : 9 puntos

14º Cabana SD : 4 puntos

* Os que teñen asterisco teñen un encontro menos.

 

PREVIA

-15ª Xornada-

-12/01/2025-

CF Mazaricos-ADCV Ponteceso, ás 11:15 horas

Atlético Carballo SD-Cabana SD, ás — horas

ACD San RománVeteranos-CF Cances, ás — horas

  SD San Lorenzo-CD Razo, ás — horas

Sporting Zas-ACD San Ramón, ás 10:30 horas

 Corme CF-SD Coristanco, ás — horas

CF Dumbría-Soneira Veteranos, ás 10:00 horas

 

1ª GALICIA DE VETERANOS

-11ª Xornada-

-15/12/2024-

 SD Fisterra Veteranos 3-1 SCD Buño

SD Oza 2-0 Sporting Bértoa

 Deportivo Carballo 0-8 SD Castriz

Soandres CF 0-2 SD Sofán

CV Leiloio 3-3 ADC A Piña

CD Nantón 1-1 Veteranos SCD Malpica

 

-CLASIFICACIÓN-

 SD Castriz : 28 puntos

 SD Oza : 27 puntos

 SCD Buño : 22 puntos

 Veteranos SCD Malpica : 20 puntos

 Soandres CF : 18 puntos

 SD Fisterra Veteranos : 17 puntos

7º SD Sofán : 17 puntos

 CV Leiloio : 15 puntos

 ADC A Piña : 15 puntos

10º CD Nantón : 11 puntos

11º Sporting Bértoa : 10 puntos

12º Deportivo Carballo : 2 puntos

 

PREVIA

-11ª Xornada-

-15/12/2024-

 SD Fisterra VeteranosSCD Buño, ás 09:30 horas

SD Oza-Sporting Bértoa, ás 09:45 horas

 Deportivo CarballoSD Castriz, ás 10:00 horas

Soandres CF-SD Sofán, ás 10:00 horas

CV LeiloioADC A Piña, ás 10:30 horas

CD Nantón-Veteranos SCD Malpica, ás 10:30 horas

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies