Así acaba o 2022 nos máximos realizadores/as
Lucas Caamaño, ou Lucas do Panadeiro, como tamén se coñece, é goleador absoluto da costa. Xove xogador do CF Porteño, (3ª da Costa), no que deu as suas primeiras patadas, para logo pulirse no Bergantiños FC e voltar, leva a frioleira de 22 tantos.
Na Liga da Costa manda o fisterrán do UC Cee, Isaac Fábregas, con 13 goles, e na 1ª Galicia G2, outro fisterrán, Diego Estévez do CF Dumbría, tamén con 13 tantos. No que se refire aos equipos da costa femininos, a máxima anotadora é Naroa Parga do Corme CF con 16 goles.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia