O EMF Camariñas “A” campión en alevís.
Aquí tes o que deron de si os encontros da 15ª xornada das Ligas de Futsal Base “Costa da Morte”, así coma de un encontro que se xogou que fora adiado nos alevíns, e como quedan as clasificacións.
O primeiro clasificado da cada liga o final da mesma será o campión e clasifica directamente para a Intercomarcal e do 2º o 5º xogan unha fase para sacar outro clasificado.
Faltan 3 xornadas e nos benxamíns a pugna polo primeiro posto está antre o EMF Vimianzo, (27 puntos) e o FSF Villa de Cee, (24) cos ceenses cun choque menos xogado ca os vimianceses. Nesta categoría parece que os que xogarán a promoción por ir a intercomarcal serán un dested dous que loitan polo título e o EF Fisterra, CPI Manuela Rial e EMF Camariñas.
Por outra banda nos alevíns o títlo xa é do EF Camariñas “A”, que xogará a intercomarcal, a loita pola promoción para ir a xogar cos camariñáns téñena asegurada o EFM Ponteceso, CPI Manuela Rial e os outros dous sairán do que fagan o EF Fisterra, (15 puntos de 11 encontros disputados), FS Villa de Cee, (13 de 9) e EMF Muxía, (12 de 10).
CLASIFICACIÓNS
.
-Foto : EFCC Juan Cabrejo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Clasificacións : Fran “Pioto”

