Comezou a asemblea pasadas ás 19:00 horas e para abrila Fernando Vidal deu as gracias aos 184 asistentes a mesma, 1ue representaban a 2861 accionistas, por dar un paso grande pola supervivencia do clube e pola situación deportiva que estamos vivindo e deulle a palabra a Toño Armenteros, secretario do consello de administración.
Tras armenteros que deu os datos precetibles da asemblea e os puntos que se ían votar. Tras él tomou a palabra Miguel Otero, diretivo do clube, que aportou documentación e que volveu a decir que as contas que daba o clube non concordaban ca realidade e que a débeda era moito menor, así como que alegou que : “Votando os tres asuntos do día, pódese acabar consumando un delito das que descoñezo a responsabilidade futura”. Toño Armenteros contestou que se estudará a documentación pero que as contas do clube están, “auditadas”.
Augurábase unha asemblea tensa, pero foi tranquila e sosegada, agábs intres puntuais nos que Rodríguez Conchado, hiperactivo de sempre, cargou contra os diretivo e ABANCA e Miguel Otero, con denuncias sobre a verdadeira débeda do clube. Polo xeral moi discurrida e cumprindo as normas de prevención polo COVID-19
.
PUNTOS QUE SE SOMETERON A VOTACIÓN
-Primeiro punto : Abstención á capitalización do crédito participativo de Abanca por importe de catro millóns novecentos noventa e nove mil novecentos cincuenta e nove euros e corenta céntimos.
-Segundo punto : Capitalizar parte da débeda que o Deportivo mantén con Abanca: 30 millóns de euros.
-Terceiro punto : Ampliación de capital dineraria en tres fases e ata un importe de 35 millóns de euros. Cifra idéntica ás dúas ampliacións anteriores e emitiranse 582.363 accións. Prazos : Do 1 de agosto ao 4 de setembro: Para os actuais accionistasDel 5 de setembro ao 19 de setembro: Para os accionistas que participaron na primeira faseDel 20 de setembro ao 4 de outubro: Aberta aos non accionistas
-Punto incluido por Fernando Vidal : Aprobación do cesamento como conselleiro Miguel Otero como membro do consello de administración do Deportivo.
ROGOS E PREGUNTAS
Pasaron pola palestrapara falar do futuro e do presente do club : Fandiño, Iglesias Salorio, David Iglesias, os irmáns Miguel Antón e José Manuel Méndez, Gabriel Barreiro, Rodríguez Conchado, López Cascallar, (dixo que A Voz de Galicia é un cancer para o deportivismo e para a Coruña), e Javier Ares.
Tralo paso dos accionista tomou a palabra Toño Armenteros que contestou a preguntas que eran do seu eido, para logo dar a palabra a Fernando Vidal.
RESULTADOS DAS VOTACIÓNS
Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña, SAD (Capital social: 10.292.425,50 euros, Número de accións: 171.255) con estes resultados:
Accionistas presentes: 184
Accións propias: 4.357 accións, 261.855,70 euros (2,54416 %)
Accionistas representados: 2.861
Accións representadas: 68.970 accións, 4.145.097,00 euros (40,27328 %)
Accionistas presentes máis representados: 3.045
Accións presentes e representadas: 73.327
Total capital presente e representado: 4.406.952,70 euros (42,81744 %)
Primeiro.- Aumento do Capital Social mediante compensación de créditos líquidos, vencidos e exixibles por importe de CATRO MILLÓNS NOVECENTOS NOVENTA E NOVE MIL NOVECENTOS CINCUENTA E NOVE EUROS E CORENTA CÉNTIMOS (4.999.959,40,-€), mediante a emisión de OITENTA E TRES MIL CENTO NOVENTA E CATRO (83.194) novas accións, no 171.256 a 254.449, ambas inclusive, de 60,10 euros de valor nominal, da mesma clase e serie que as actuais. A contía da ampliación correspóndese co importe exactamente convertible en accións do préstamo participativo concedido por Abanca Corporación Bancaria, S.A. a favor da Sociedade, subscrito por esta con carácter urxente con data 2 de xaneiro de 2020, a fin de incrementar o seu tope salarial para asegurar a súa supervivencia económica e deportiva. Consecuente modificación dos artigos 5 e 6 dos Estatutos Sociais relativos á cifra do capital social e ao número de accións que o conforman. Creación e emisión de novas accións, todas elas da mesma clase, con idéntico valor nominal ás existentes e que outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos. Fixación das condicións de subscrición e desembolso. Delegación de facultades no órgano de administración para, no seu caso, executar de forma inmediata e independente do resto de puntos da orde do día, o acordo de ampliación de capital adoptado.
Si: 71.058 (96,9056 %)
Non: 1.532 (2,0893 %)
Abs: 737 (1,0051 %)
Segundo.- Aumento do Capital Social mediante compensación de créditos líquidos, vencidos e exixibles por importe de TRINTA MILLÓNS CINCUENTA E SEIS EUROS E NOVENTA CÉNTIMOS (30.000.056,90€), mediante a emisión de CATROCENTAS NOVENTA E NOVE MIL CENTO SESENTA E NOVE (499.169) novas accións, no 254.450 a 753.618, ambas inclusive, de 60,10€ de valor nominal, da mesma clase e serie que as actuais. A contía da ampliación coincide con parte do importe a que ascende o préstamo no 0000-100493-9 concedido por Abanca Corporación Bancaria, S.A. cun saldo pendente total actual de CORENTA E DOUS MILLÓNS SETECENTOS CINCUENTA MIL EUROS (42.750.000€). Consecuente modificación dos artigos 5 e 6 dos Estatutos Sociais relativos á cifra do capital social e ao número de accións que o conforman. Creación e emisión de novas accións, todas elas da mesma clase, con idéntico valor nominal ás existentes e que outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos. Fixación das condicións de subscrición e desembolso. Delegación de facultades no órgano de administración para, no seu caso, executar de forma inmediata e independente do resto de puntos da orde do día, o acordo de ampliación de capital adoptado.
Si: 70.893 (96,6806 %)
Non: 1.754 (2,3920 %)
Abs: 680 (0,9274 %)
Terceiro.- Aumento do capital social mediante achega dineraria dirixida a todos os accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, con tres fases diferentes e até un importe máximo de TRINTA E CINCO MILLÓNS DEZASEIS EUROS E TRINTA CÉNTIMOS (35.000.016,30€), cifra idéntica ao importe total das dúas ampliacións de capital mediante compensación de créditos previstas nos puntos primeiro e segundo anteriores, mediante a emisión de até un total de 582.363 novas accións, números 753.619 ao 1.335.981, ambos inclusive, do mesmo valor nominal e da mesma clase e serie que as actuais. Consecuente modificación dos artigos 5 e 6 dos Estatutos Sociais que fan referencia á cifra do capital social e ao número de accións que o conforman. Posibilidade de subscrición incompleta. Creación e emisión de novas accións, todas elas da mesma clase, con idéntico valor nominal ás existentes e que outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos. Fixación das condicións de subscrición e desembolso. Delegación de facultades no órgano de administración para executar o acordo de ampliación de capital, no seu caso, adoptado de forma inmediata á súa execución.
Si: 71.079 (96,9343 %)
Non: 1.569 (2,1397 %)
Abs: 679 (0,9260 %)
Cuarto.- Delegación de facultades ao órgano de administración para executar os acordos adoptados.
Si: 69.156 (94,3118 %)
Non: 849 (1,1578 %)
Abs: 3.322 (4,5304 %)
E1.- Aprobación do cesamento de D. Miguel Otero Santín como membro do Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD con efectos do día de hoxe.
Si: 60.286 (82,2153 %)
Non: 1.593 (2,1725 %)
Abs: 11.448 (15,6123 %)
ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VIDAL
O presidente do RC Deportivo pasou por rolda de prensa trala asemblea de accionistas para someterse as preguntas dos xornalistas.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
–