ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS TRALO MAL CARÍZ DO EQUIPO.

 

A Federación de Peñas do RC Deportivo convoca unha asemblea extraordinaria para o vindeiro Domingo 6 de Outubro no Hotel Hesperia a Coruña Centro a partires das 11:30 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda. Apuntan o importnate da asistencia dos peñistas, (máximo 2 por peña), para tratar as medidas a seguir dado o mal caríz que ten o equipo visto o acontecido nestas 9 xornadas de liga, co equipo en postos de descenso a 2ª B.

 

Asemblea extraordinaria

A Asemblea extraordinaria da Federación de Peñas do RC Deportivo terá lugar no salón
Rosalía do Hotel Hesperia A Coruña Centro (Rúa Juan Flórez, 16) o vindeiro 6 de
outubro, domingo, co seguinte horario:
11.30 horas – Primeira convocatoria
12.00 horas – Segunda convocatoria

ORDE DO DÍA:
1. Situación actual do club
2. Liña a seguir, como colectivo, nas protestas e toma de decisións
#AUniónFaiAForza

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.