AS XOGADORAS COSTEIRAS, SARAY, SASKIA E ROSIO XOGAN HOXE A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL PRAIA EN CÁDIZ.

Foi difícil a semifinal da Selección Galega de Fútbol Praia Sub20 contra a de Valencia e tanto que o foi xa que o foi xa que se decidiu na quenda de penaltis. Unnha semifinal que se volveu de “a cara de can”, con moitas alternativas no marcador con empate final, 7-7.

 

Na prórroga as cousas calmáronse e ninguén quería perder, pasaron os minutos e non houbo goles polo que tivo que decidirse nos penaltis, e aí as galegas, antre que temos as xogadoras da costa, Saray Duarte, Saskia Rodríguez e Rosío Pérez, conseguiron o billete para a gran final, que se xoga hoxe mesmo a partires das 11:30 horas na “Playa Victoria” de Cádiz.

Enlace para ver a Gran Final : https://www.youtube.com/watch?v=T3612X3W7ac

Por outra banda a Selección Galega Sub17 derrotaba en Cuartos a Baleares por 6-4, pero en semifinais caía ante Extremadura, (0-2), polo que xogará polo 3º posto ante Canarias a partires das 10:00 horas.

-Fotos : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”