AS SEMIFINAIS DA FASE DE ASCENSO EXPRÉS A 2ªB CELEBRARANSE A PORTA PECHADA.

Os catro adestradores en Balaidos.

A RFGF está en permanente contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a próxima semana haberá máis contactos para estudar a posibilidade de que a final do día 25 de xullo póidase celebrar con público nas bancadas

No caso dos encontros das fases de ascenso da especialidade de Fútbol Sala, todos os partidos Terceira División Masculina e Segunda División Feminina serán a porta pechada

Seguindo as recomendacións da RFEF, e ao delegarse a organización da fase de ascenso exprés á Segunda División B á Real Federación Galega de Fútbol, a Xunta Directiva da entidade que preside Rafael Louzán ratificou por unanimidade que as semifinais deste playoff de ascenso que disputarán a SD Compostela, o Ourense CF, o Arosa SC e o CD Barco os días 18, 19 e 25 de xullo no Estadio Abanca Balaídos, celebraranse a porta pechada.

A RFGF está en permanente contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a próxima semana haberá máis contactos para estudar a posibilidade de que a final do día 25 de xullo póidase celebrar con público nas bancadas.

Esta mesma medida, a da celebración a porta pechada, tamén se ratificou para as fases de ascenso da especialidade de Fútbol Sala (Terceira División Masculina e Segunda División Feminina) que tamén organiza a RFGF. No caso do fútbol sala, todos os encontros serán sen público.

A Real Federación Galega de Fútbol adoptou esta decisión co único e principal obxectivo de preservar as máximas garantías sanitarias e de seguridade de todas as persoas participantes, e coa finalidade de cumprir coas medidas das autoridades sanitarias para a eventual celebración de competicións en vixilancia sanitaria polo COVID-19, como polo protocolo deseñado pola RFEF para o playoff exprés.

A RFGF tamén tivo moi en conta os numerosos episodios de rebrotes que están a sufrir varias localidades como A Mariña, episodios que lembran que por encima de todo ten que prevalecer a saúde e a seguridade sanitaria.

-Foto e Texto : Comunicación RFGF

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies