AS RAPAZAS DO FISOBER SUB 12 QUEDARÁN CONCENTRADAS TRALO ADESTRAMENTO DO VENRES DE CARA A “FINAL FOUR” DO CAMPIONATO DE ESPAÑA.

O Fisober alevín unha familia.

Semana clave para o remate de tempada para as rapazas do Fisober FSF Sub12 que sen xénero de dúbidas son o mellor equipo da historia do deporte da costa nunha tempada o haber conseguido gañar a liga provincial o campionato galego, a Copa Galicia e finalista da “Final Four” do Campionato de Eepaña que se celebrarán no Pavillón Municipal “O Conco”, (Dumbría), sede da gran maioría dos seus encontros.

O equipo da Costa da Morte, (para os que non o sepades o nome Fisober fai alusión as bisbarras de FIsterra, SOneira e BERgantiños), que dirrixen as xogadoras do primeiro equipo fisoberista, Paula Fandiño, Adriana Castro e Sharay Caamaño, adestrarán este vindeiro venres 13 de Xuño e despois do adestramento quedarán concentradas nunha casa de turismo rural dumbriesa.

O motivo desta concentración e ter as rapazas tranquilas para que leven da mellor maneira posible o nervosismo desta final a 4 histórica.

O primeiro encontro será a semifinal o vindeiro sábado 14 de Xuño en “O Conco”, (Dumbría), ante o FSF Zaragoza a partires das 19:00 horas.

-Foto : Paula Fandiño

-Texto : Xosé Búa “Pirata”