AS PRIORIDADES DUN DEPORTIVO FELIZ PARA 2022.

A comunión antre o equipo e a afección é moi grande.

 

O RC Deportivo despois de moitos anos de angustias vive un intre feliz. Acábase o 2021 e a comunión antre a grada e o equipo vive o seu mellor momento, atrás quedan inqudenzas e desasosegos. A realidade é que estamos na terceira categoría do fútbol español, pero xa non é unha cousa que nos quite o sono, vendo como se fixeron e se están a facer as cousas. Non temos un equipo de figuras, pero si de persoas as que non se lles pode negar a sua entrega e bo facer.

Remata o ano ca triste nova de que nos deixaba fai uns días, Lisardo, un bo home que en máis de 50 anos de entrega o clube pasou por todo, e a feliz nova do 81 cumpleanos doutro icono de sempre, como é Arsenio Iglesias, e ca satisfacción do feito polo equipo xuvenil, o liderato e as prestacións do equipo feminino e como non a do primeiro equipo.

Fálase moito nestas datas, nas que pouco hai que dicir, da posible chegada do extremo dereito, Álvaro Rey, xogador andaluz criado na canteira do Real Betis, que milita no Club Bolivar bolibiano, e que tivo a sua etapa de maior esplandor no CD Mirandés, no que xogou 84 partidos e marcou 14 goles.

Non ten, ao noso entender, o Depor necesidade de ningún reforzo, vendo as prestacións que amosaron os que non xogan, na Copa do Rei, e vendo o rendemento do Fabril, de Óscar Gilsánz e do xuvenil sw Manuel Pablo. As prioridades do equipo de Borja Jiménez, máis cas de traer a un xogador de 32 anos coma Álvaro rey, ou calquer outro, son as de saber repartir oportunidades e dar entrada a xogadores que xa están, cando os que saltan no “once” baixen o seu rendemento, e buscar equipo aos que si de verdade sobra, como é o caso que sucede no lateral dereito, con Víctor e Trilli que poden ser titularísimos calquera dos dous e tendo a contar moscas a Alberto Benito e Valín. O primeiro porque cando saltou o verde, non deu o nivel dos que xogan e o segundo porque ven dunha lesión e nen xoga, nen fixo pretempada, e estar na grada non lle fai ben nen a él, nen o equipo.

Outro punto que precisamos no 2022 non está nas nosas mans, i é o das arbitraxes. Somos o equipo que máis ataca da categoría e poderíamos ter máis puntos se fosen pitados os moitos penaltis que nos levan feito e que non foron pitados, pola contra o que nos pitaron en contrs en Ferrol, a todas luces, non era, pero esto é falar por falar, e a espera de que outro dos desexos para o vindeiro ano é que melloren as arbitraxes neste aspecto.

Felices festas a todo o deportivismo e que o 2022 veña cargado de alegrías e sobre todo saúde.

 

-Texto : Xosé Búa/piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies