En pretempada o amigable antre os dous equipos encheu o Espiñedo.
Van a ser tan poucas as entradas que reciba o RC Deportivo para a visita o Municipal do Espiñedo para presenciar en direto o Arenteiro-Depor do vindeiro Domingo 17 de Nadal a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), que no montante do 40% que recibe a Federación de Peñas Deportivistas, só poderá dar 1 por peña, e logo se sobran porque peñas non solicitan, serán sorteadas as que sobren antre as diferentes peñas que solicitaron máis entradas. Decir que que máis quixera a Federación de Peñas que non se dera esta situación e poder ofrecer moitas máis entradas.
Este feito ademáis do excesivo prezo de 30 euros para ir a unhas instalacións moi modestas, fan que moitos peñistas se desilusionasen cunha viaxe que xa estaba marcada no calendario a principios de liga. As entradas que sirva o clube e a Federación non van a chegar nen a media merenda, polo que moitos deportivistas optarán por trtar de collelas para outras partes do campo “insitu”, ou se hai opción vía internet. tamén serán moitos os que viaxarán sen entrada para disfrutar do pobo de O Carballiño.
O Municipal do Espiñedo ten esta tempada unha capacidade de 4.500 espectadores dos que aproximadamente en torno aos 2000 son sentados.
-Foto : FaceBook Arenteiro
-Texto : Xosé Búa “Pirata”