AS NOSAS ESTRELAS DESTA SEMANA

 

Semana de estrelas nas Copas da Costa

Esta semana que non podía ser doutra maneira temos que destacar aos 4 equipos campións das respectivas Copas da Costa, como xa o fixéramos cos das outras que se xogaron. As finais só as pode gañar un equipo e se xa valoramos aos finalistas anteriormente, esta é a semana dos campións/onas.

 

SCDR Esteirana campión da “LVI Copa da Costa”

Proclamouse o Domingo 23 de Xuño campión da “LVI Copa da Coista” tras derrotar ao Cabana SD por 4-0 con goles de Rober “Pladur”, (2), Álex Rama e Eloy, nun “Municipal do Conco” con máis de 1.400 afeccionados.

 

Bergantiños Feminino CF campionas da “I Copa da Costa Feminina”

O Bergantiños Feminino CF proclamouse o Domingo 23 de Xuño campión da “I Copa da Costa Feminina” de fútbol federado ao derrotar nunha extraordinaria final ao ED As Miúdas de Muros por 6-3. Un encontro espectacular para os afeccionados pois tras iur gañando as bergantiñanas 2-0 remontaron as muradanas, para logo empatar as carballesas e ir a prórroga, na que acabaron goleando. Xogouse no Municipal do Conco, (Dumbría) con preto de medio meilleiro de afeccionados no campo.

 

 

Xallas FC Infantil campion da “Copa da Costa Infantil”

O Xallas FC Infantil proclamouse campión da “Copa da Costa Infantil” ao derrotar o sábado 22 de Xuño de 2019 ao ED Os Miúdos, por 3-0 con goles de Manuel Vieito, David Pereira e Fabián Barbeira. O encontro xogouse no San Andrés de Zas ante en torno aos 400 afeccionados.

 

 

Corme CF campión da “Copa da Costa Xuvenil”

O Corme CF Xuvenil proclamouse campión da “Copa da Costa Xuvenil” o derrotar na final ao Outes CF por 2-3, nun choque super emocionante no que se puxo por diante o equipo outés cun tanto de Lires del Rio, empataba por medio de Mauro sobre a bocina da primeira metade e de novo Lires del Río o voltar de vestiarios poñía aos da Serra por diante. Pose conseguía empatar pasada a hora de xogo e Aitor poñía o defiunitivo 2-3 a falla de 11 minutos para o final. En torno a medio milleiros de afeccionados no San Andrés de Zas no que se xogou esta final.

A todos eles a nosa máis cordial noraboa e o noso recoñecemento subíndoos ao noso cadro de honra das “Nosas estrelas”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es