Nesta nova sección da nova www.piratasdemuxia.es queremos poñer en valor a deportistas, colectivos ou persoas que fixeron algo importante durante a semana para valorar o que fixeron. Non nos van a caber todos, pero sí que polo menos honraremos o feito por 4 cada semana. Comezamos esta andaina cos máximos goleadores da costa, Martín MC, (CD Baio), Alejo Cambón, (Corme CF), Sebas, (SD Castríz) e Bárbara, (ED As Miúdas), que estiveron durnate toda a semana dendo pasado martes ás 00:01 que saimos a rede ca nova web no 12º cumpreanos deste ilusionante proxecto que como vos contábamos pola mañán tivo un enorme seguimento como xa pasara na web antiga, con 182.852 visitas, cunha media de 25.836 e que no primeiro día superou ás 30.000 visitas, cousa que vos agradecemos.
-Esta semana neste cadro de honra que nos chamamos “As nosas estrelas”, traemos ao Volantes de Baño CF que no mellor ano da sua historia acadou o subcampionato da Liga da Costa, cando ninguén contaba con eles de inicio e foron quen de con aplastante autoridade golear a dous grandes equipos na fase de ascenso, (Cacheiras e Villestro), para a falla de duas xornadas para o final da liguiña da promoción acadar o ascenso direto a 1ª Galicia G2, por iso vai o noso recoñecemento.
-Tamén queremos recoñecer e premiar o gran traballo do xove Raúl Lestón, dianteiro da SCDR Esteirana que tras recuperarse dunha molesta e longa lesión, chegou para axudar o clube a a pesares de descender, (inxustamente polo fútbol que fixo), a soñar con algo grande como pode ser chegar a Fianl da “LVI Copa da Costa”. Tiveron en Cuartos de final a un temible rival coma o CD Baio, co que xogaron na 1ª Galicia G2 e que acadou un extraordinario 4º posto, e que ademáis está de cumpreanos. O gol de raúl Lestón a volta de vestiarios, cando xa o Baio fixera méritos para empatar o encontro que perdía por 1-0, foi clave para o pase dos esteiráns, tal e como no lo contaba o propio adestrador do clube baiés, Pablo Torreira na crónica que podedes ver nas nosas novas.
-Outro que entra nas “Nosas estrelas” é o xove cabanés, Iván Mato, que xoga co seu irmán xemelgo Dani e que ben poderían enganar a calquera a hora de diferencialos fisicamente, pero o que marca os goles a mansalva é o Iván. En liga foron 31 en 22 encontros, por 1 gol nos mesmos encontros do seu irmán, que ten outras labouras no campo. Iván foi unha peza fundamental no pase do Cabana SD a Cuartos de final da “LVI Copa da Costa”, pois nun encontro a cara de can ante o SCD Malpica, que traían perdido da ida por 3-2, tocoulle unha das suas desenrolar unha das facetas goleadoras, lanzar un penalti. Non era un penalti normal e corrente, era o que podía igualar a eliminatoria no minuto 81 de encontro para poñerse 3-2 e seguir tendo esperanzas ou se o erraba practicamente darlle o pase os malpicáns. Non fallou e por se tiña que amosar máis nervos de aceiro, na tanda de penaltis que tocou minutos despois, colleu o balón e fixo o primeiro da tanda para o seu equipo. Xa que falamos do seu xemelgo, tamén marcou e foi o seguinte en tirar dos da casa cabanesa. Por iste mérito Iván Mato está esta semana nas “Nosas estrelas”.
-Por último queremos destacar o enorme papel dos nenos da canteira deportivista de base que deixaron alto o pavillón do clube e de Galicia, (nos casos que xogaron fora da nosa terra), cunha morea de podios e a maioría como campións. Os equipos de base deportivistas competiron ao longo desta fin de semana en Noja, (Cantabria), Ponferrada, Calamocha (Teruel), Vilagarcía de Arousa, Caranza (Ferrol), Catoira (Pontevedra) e San Tirso. Subiron ao máis alto do podio o Infantil A na Villa de Noja Cup; o Benxamín A no Torneo Barrio de Caranza e a Hitachi Air Cup de San Tirso; un equipo prebenxamín no Torneo Barrio de Caranza; e o Benxamín B no Trofeo Cidade de Ponferrada. Ademais, un equipo alevín branquiazul foi subcampión deste último torneo na cidade berciana, após caer na quenda de penaltis da final co Atlético de Madrid.
A todos eles vaia o noso recoñecemento e estarán no cadro de honra das “Nosas estrelas” durante unha semana.
Fotos e fotomontaxe : As fotos foron cedidas polos clubes para o noso uso, agás a de Raúl estón que nola cedeu seu pai, aos que agradecemos a colaboración.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es