Álex Bergantiños
Álex Bergantiños, como non podía serdoutra maneira o noso “Gran Capitán”, Álex Bergantiños tiña que subir a este cadro de honra que facemos cada semana. O da Sagrada Familia sempre está cando hai que estar, nas boas e maiormente nas malas. O seu gol ante o Málaga CF na “Rosaleda” e deses que como dín os vellos : “Se hai Deus entra porque eres tí”, como xa pasou outras veces, por nomear una, aquel da salvación ante o Barcelona. Desta tirou, floxo e doado para o porteiro, pero a providencia ou que fose queixo que se lle fose das mans o porteiro e que ese gol valese para deixar na cuneta o mellor equipo da 2ª División e seguir soñando co ansiado ascenso.
Burela Pescados Rubén FS
Gran mérito o do Burela Pescados Rubén FS o levarse o título da “I Copa de SM La Reina”, ante un “coco” como o Atleti Futsi Navalcarnero, (3-3). Un encontro que foi unha loita constante de principio a fin e no que as burelesas foron duas veces por detrás e das 2 veces conseguiron igualar o marcador, e logo remontar na prórroga. Empatou o Navalcarnero para logo levarse a copa nos penaltis o equipo burelés, cun gran mértio para todas elas, o seu clube e para o deporte galego.
San Lorenzo de Veteranos
Subimos o cadro de honra semanal das nosas estrelas o San Lorenzo de Veteranos que o pasado Domingo alzaba o título de campión da “VI Copa da Costa de Veteranos” ao derrotar pola mínima ao ACD San Román, que era o actual campión. Un tanto de Iván Pena aos 16 minutos de xogo dáballe o título ao equipo de Verdillo que sumou na sua traxectoria ata o título de campión : 5 vitorias, 1 empate e unha derrota, acadando 13 goles e encaixando 6, mantendo a porta a cero en 4 dos encontros.
Cabana SD e SCDR Esteirana
Gran mérito do Cabana SD e da SCDR Esteirana que neste ano que as cousas se fixeron un pouco mellor na “Copa da Costa”, chegaron a unha final a que nen eles mesmos crían o principio que puidera ser posible, pero as eliminatorias a encontro único ata Cuartos e que os equipos grandes se estivesen xogando outras cousas máis importantes, fixo que houbese sorpresas. O Cabana SD recén asecndido a Liga da Costa e o SCDR Esteirana recén descendido a mesma, veranse as caras o vindeiro Domingo no Municipal do Conco, (Dumbría), dende ás 17:30 horas, para dirimir a un só encontro quen será o campión, que para semana volverá a subir a este cadro de honra das nosas estrelas, pero deta volta imos darlle o mérito e o recoñecemento a ambos por chegar ata a final, que só a pode gañar un, pero que para gañalas ou perdelas, hai que xogalas.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es