AS NOSAS ESTRELAS DA SEMANA :

O NOSO CADRO DE ESTRELAS DESTA SEMANA

Cada semana destacaremos por algún detalle a deportistas ou xente doutros ámbitos da costa polo que fixeron que foi digno de alabar, para darlles un pequeno recoñecemento. Quizais en algún caso poida que non esteñades dacordo e pensedes que debería haber algunha outra persoa ou grupo. Nos dámoslle unha homenaxe cada semana a 4 persoas, grupos ou equipos, que ata poden ser empresas ou sociedades. Se duarnte a semana vos creedes que alguén por algo que fixo meritorio debería estar a semana segunite facédenolo saber no correo admin@piratasdemuxia.es e consideraremos se sube a este cadro das “Nosa estrelas”.

 

Foto : cedida por Adrián “Gurita”

Eusebio Pena, (SCD Malpica)

Eusebio Pena Suárez, (15/10/1966), é todo un exemplo para a chavalada. Non pasan os anos por este mítico da costa, ex xogador de SD Ponteceso, (Senior e veteranos), SCD Malpica, Cabana SD e CD Baio, (este último na Preferente), que o mesmo fai de adestrador, ca de utilleiro, que ca de delegado, e esta tempada sobre todo de porteiro, axudándolle ao SCD Malpica a salvar a categoría con solvencia e sendo un dos mellores equipos da segunda volta, (e ata parando un penalti), e caer dignamente na Copa da Costa nos penaltis ante o Cabana SD.

 

Foto : cedida por Manuel Caamaño

SCDR Esteirana Cadete

Brilante o papel dos rapaces da SCDR Esteirana Cadete que merecen estar neste cadro de honra pola consecución da “Copa da Costa Cadete”, na que non eran dos favoritos a primeira vista, (7º en liga), pero na que chegaron a final tras derrotar ao SD Coristanco en Cuartos cun global de 6-0, na eliminatoria, cun global de 3-0 ao SD Ponteceso e 2-0 na finalísima ao Outes CF con goles de Manuel e Iván. Os das Serra chegaban tras perder a liga por golaveraxe co CD Concello de Zas. Os de Esteiro marcaron na copa 10 goles e non recibirón ningún, revalidando o título acadado o ano pasado.

Foto : cedida por Cabana SD

Darío, (Cabana SD)

O xove meta do Cabana SD convirteuse no heroe dos cabaneses no encontro da ida de semifinais da “LVI Copa da Costa” o pararlle un penalti ao FC Camariñas de dous quye lle pitaron a favor aos camariñáns. O encontro acabou 1-1 o que deixa as espadas por todo o alto. Quen sabe, igual para semana neste cadro de honra temos a Pablo Novo meta do FC Camariñas e que bateu a Darío de penalti no 93, o que tamén é igual de importante pois o seu gol dalle unha lixeira ventaxe aos camariñáns, moita con respecto a que acabase o encontro 1-0. 

 

Foto : cedida por CDM Piragüismo Dumbría.

Os nenos do CDM Piragüismo Dumbría

Nada menos que nove medallas, (dúas do ouro, catro de plata e tres de bronce) son o brillante balance da participación dos rapaces e rapazas do CDM Piragüismo Dumbría na segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom celebrada este fin de semán en augas do Río Umia, así como un 2º posto por equipos. Por iso estes campións/onas, futuras estrelas do piragüismo, que engrandecen o nome de Dumbría e da Costa da morte por extensión, merecen estar neste cadro de honra das nosas estrelas.

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es