Os partidos de Riazor serían ás 17:00 horas.
O “ínclito” presidente da LFP anunciou no día de onte que as ligas de fútbol profesional comezarán se todo segue como ata agora o xoves 11 de Xuño, xa que as previsións son de que o luns 8 de Xuño toda España estará en “Fase 2”. Polo que segundo dí o “fenómeno” se se comeza o 11 de Xuño o primeiro encontro será ás 22:00 horas e logo darase o calendario : “cando saquemos o primeiro partido oficial. Nese momento anunciaremos o primeiras catro xornadas, a principios da semana que vén”. O primeiro día haberá 2 encontros.
Os encontros serán en horarios de media noite pola semana e na fin de semana haberá 3 horarios para evitar a calor, será, ás 17:00 horas, 19:00 horas e 21:30 ou 22:00. Os equipos do norte de España xogarán ás 17:00 horas, ao haber temperaturas menos elevadas co resto, e se houbese temperaturas elevadas cambiaríase. Polo tanto os encontros en Riazor serían os que se xoguen na fin de semana ás 17:00 horas.
Non haberá cabida para tódolos medios de comunicación nos estadios : “Todos queren estar, iso vai ser imposible, nin todos os medios nin fotógrafos. Estamos a esperar que avances as fases para ver a mellor planificación”.
Comeza o adestramento en grupos de 14
Dende hoxe luns os equipos poderán adestrar en grupos de ata 14 xogadores e se todo segue igual o vindeiro luns pasaríase ao adestramento en grupo completo.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.