AS FRUSTRACIÓNS DE PATXI SALINAS CO DEPOR UN RESQUEMOR CURTIDO DURANTE ANOS.

Patxi Salinas na rolda de prensa de Ferrol.

Patxi Salinas volveu a ter antre cella e cella ao Depor na rolda de prensa posterior ao empate do seu equipo co Racing de Ferrol. Amosou que a pesares de ser un encontro no que os que xogaban nada afectaban a salvación do seu equipo. O Depor loitando por finiquitar a segunda praza e o Tudelano xa descendido.

O técnico vasco dixo en rolda de prensa tralo encontro co Ferrol que : “O árbitro estivo moi ben. Cando hai que dicir que estivo mal é se inflúe nalgunha acción decisiva como no gol do Dépor”.

Patxi Salinas, xogador dos frustrados na sua época no C.Vigo, non deixou atrás o seu resquemor co clube branquiazul, tantos anios a rebufo e véndo ao noso equipo gañar títulos, e facer fazañas hiostóricas, e non fai máis ca escudarse do mal que o está a facer no Bilbao Athletic, un equipo de rapaces de gran nivel que fai un par de anos eran campións de España de Xuvenís, e que dende que os colleu non millorou en nada a situación co outro adestrador, De la Sota.

Patxi Salinas xa atacou con dureza ao RC Deportivo cando este denunciou unha flagrante aliñación indebida de dous xogadores bilbainos, (Artola e Diarra), no choque en Lezama. Un erro monumental seu, que non quer recoñecer e que os comités, sen darlle a razón, non lles quitan o punto acadado, (1-1), para axudalos, pero que a todas luces é unha infracción, pois eses dous xogadores que tiñan que parar por acumulación de cartón, xogaron, dando como excusa o seu clube que cumpriran a sanción contra o Extremadura, expulsado da liga e que polo tanto non xogou, como xa se deu nun caso fai uns meses en Cataluña, e a sentenza foi en contra do infractor. Un dos motivos que argumentou o RC Deportivo e que volveu a remitir a Apelación, tras Competición e Disciplina lle deran a razón…pero non.

O técnico vasco, así como veu que Soriano marcou ca man, cousa que se deduce, pero non se ve con claridade, debería ver o Depor-Bilbao Athletic, que acabou 1-1, tivo dous penaltis tan craros sobre Bergantiños e De Camargo, que ata se vía a bandeira americana na lúa dende a terra.

O problema deste tipo de adestradores é que nunca ben o lixo no seu ollo, e non saben rectificar nen co de : “Onde dixen digo, quixen dicir Diego”.

-Foto : Captura rolda de prensa TVG2

-Texto : piratasdemuxia