As escolas deportivas de balonmán e fútbol do Concello de Camariñas abren a inscripción para o próximo curso 2021-2022

 

· Compaxinaranse os horarios de adestramentos e partidos para
que todos os nenos e nenas poidan practicar ambos deportes.

· O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, destaca que “este
ano, máis ca nunca, queremos apostar polas escolas
deportivas xa que isto tamén é unha aposta pola formación
educativa e deportiva dos rapaces”.

As escolas deportivas de fútbol e balonmán do Concello de Camariñas
abriron desde hoxe, xoves 29 de xullo, a inscrición para que os nenos e
nenas que o desexen se anoten para formar parte de calquera delas, ou das
dúas, de cara ao curso 2021-2022.

 

A escola de fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, que acaba de
crearse grazas ao convenio asinado cos catro clubs do municipio (Camariñas
C.F., Club Porteño C.F., Camelle S.D., e As Baleas) e que estará coordinada
por Juan Cabrejo Pasantes, contará coas categorías de biberón,
prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os adestramentos
comezarán en setembro. A inscrición poderá formalizarse a través dun
formulario (https://forms.gle/2CCpvpiiYsfYV2XQ8) ou do correo electrónico
escoladefutbolcamarinas@gmail.com .

 

 

A escola de balonmán tamén comezará os adestramentos en setembro e
realizará unha proba gratuíta a finais de agosto. Haberá as seguintes
categorías: kids, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil masculino e
feminino e cadete masculino e feminino. A inscrición pode facerse a través
de Whatsapp no teléfono 677 433 461 ou do correo electrónico
balonmancamarinas@gmail.com .

Para que todos os nenos e nenas que o desexen teñan a posibilidade de
practicar ambos deportes compaxinaranse entre os clubs os horarios de
adestramentos e partidos.

O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, destaca que “este ano, máis ca
nunca, desde o Concello queremos apostar polas escolas deportivas xa que
isto tamén é unha aposta pola formación educativa e deportiva dos
rapaces”.

-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Camariñas