AS ENTRADAS PARA O DEPOR-LINARES NO PORTAL DA RFEF A PARTIRES DAS 18:00 HORAS.

 

Cando todos esperábamos normalidade coa maneira de facerse cas entradas para o primeiro encontro dos Play-Off de ascenso a 2º División, e despois de moita ansiedade por parte do deportivismo a espera de que sairan a venda por medio das canles do RC Deportivo, chéganos a nova de que será a RFEF a que despachará as entradas no seu portal de internet, que esperamos non se “caia” coa a avalancha que vai a haber.

Dende o RC Deportivo explican así a maneira de compralas, e lembran que non serán eles os responsables da venda :

A RFEF, a través da súa plataforma web https://tickets.rfef.es/, venderá, desde as 18:00 h. de hoxe mércores, as máis de 30.000 localidades dispoñibles do aforo de ABANCA-RIAZOR para o partido de semifinais da Promoción de Ascenso a Segunda División.

Deste xeito garántese o acceso á compra dunha entrada para todas as persoas socias con asento de temporada do Club e para outros varios miles de Deportivistas que tamén queiran acudir ao partido.

MOI IMPORTANTE! 

O RC Deportivo quere lembrar a todas as persoas socias que:

– Para este partido ABANCA-RIAZOR non é o campo do RC Deportivo. É campo da RFEF como sede da Promoción de Ascenso a Segunda, polo que a organización do partido, a todos os niveis, corresponde á RFEF.
– Por iso, o partido non entra dentro do abono de temporada do RC Deportivo e non será válido o acceso co carné en ningún caso.
– Só poderase acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR con entradas adquiridas en https://tickets.rfef.es/
– Polo sistema poderán comprar localidades de calquera bancada do campo, polo que é imposible garantir a ningunha persoa socia que a entrada que compre coincida co seu asento ou bancada habitual.

– Os prezos das entradas marcados pola RFEF para este partido son:
     Tribuna Superior e Inferior: 26 euros
     Preferencia Superior e Inferior: 22 euros
     Fondos de Marathón e Pavillón: 18 euros
– Para calquera dúbida ou aclaración sobre este tema, a Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) permanecerá aberta no seu horario habitual ata o venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies