As deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez, campioas do mundo sub-20.

O fútbol galego, e especialmente o RC Deportivo, ten dous motivos para celebrar. Marisa García e Ainoa Gómez, xogadoras do Deportivo Abanca, proclamáronse campioas do mundo sub-20 coa selección española tras superar a Corea do Norte nunha final decidida nos penaltis.

As dúas deportivistas tiveron protagonismo diferente no encontro. Ainoa Gómez foi titular e disputou os primeiros 80 minutos, deixando o terreo de xogo antes da resolución do partido. Marisa García entrou ao comezo da prórroga e tivo ademais unha oportunidade moi clara nos últimos minutos para evitar que o título tivese que decidirse desde os once metros.

No lanzamento de penaltis tamén deixou a súa pegada: Marisa foi a encargada de executar o primeiro lanzamento de España e converteuno, contribuíndo ao triunfo definitivo da selección.

Un título mundial que pon en valor o talento das dúas futbolistas vinculadas ao Deportivo Abanca, protagonistas dun éxito internacional que engade dous nomes deportivistas ao campionato do mundo sub-20.

O Depor ABANCA segue sen gañar en Riazor

O Deportivo ABANCA sacaba un punto no enfrontamento ante o RCD Espanyol, (1-1), tras xogar as catalanas cunha xogadora menos desde o 50´, pero faltou defenición ante un conxunto que se defendeu moi ben.

–

-Foto : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–