AS CRÓNICAS DA 3ª : EMPATE ANTRE BERGANTIÑOS E AS PONTES, (0-0), VITORIA DO FISTERRA ANTE O PAIOSACO, (1-2), E EMPATE ANTRE O FABRIL E O SILVA, (0-0).

O Bergantiños-As Pontes foi televisado.

 

Bergantiños CF 0-0 CD As Pontes

Encontro da 16ª xornada xogado nas “Eiroas”, ca arbitraxe de Gustavo Vidal Fonseca e no que i equipo carballés podía dar un salto enorme hacia o título de liga e poñerse a 7 puntos do segundo UD Somozas, pero as adversidades meteorolóxicas e o peso do cansanzo do encontro do pasado Domingo ante os somocenses, (2-0), e un rival moi ben prantado no terreo de xogo, con moi boa defensa e boas saidas a conta, fixeron que os de José Luis Lemos non puidesen sumar un novo trunfo. O reparto de puntos foi o máis xusto, cunha primeira metade para os das Pontes e a segunda para os de Carballo.

Os bergantiñistas visitan o Fabril o vindeiro Domingo 28 ás 12:00 horas, na “Cidade Deportiva de Abegondo” coa arbitraxe de Gonzalo Villanueva Carballo, na disputa da 18ª xornada de liga.

Como xa vos informamos na previa, o Bergantiños CF extreou retrasmisións en direto dende a sua canle de YouTube e FaceBook, que tiveron un exitoso seguimento.

PREME AQUÍ, para ver o encontro en diferido.

 

UD Paiosaco 1-2 SD Fisterra

Encontro da 15ª xornada xogado na “Porta Santa”, ca arbitraxe de Gabriel Quintairos Rial. Trunfo importantísimo dos fisterráns, ante un rival direto pola permanenza e no que a estrela foi o xove José Marcote, que remontou con dous goles ante do descanso, (13´e 43´), o gol inicial de Eiroa, (10´), para os de Peisaco. 

Os de Peisaco reciben na “Porta Santa” o Polvorín FC o vindeiro Domingo 28 ás 17:00 horas, coa arbitraxe de Rubén Pérez Martínes, e os fisterráns reciben tamén o Domingo ao Racing Vilalbés a partires das 16:30 horas coa arbitraxe de Manuel Casanova Cudeiro. Ambos encontros na disputa da 18ª xornada de liga.

 

Fabril 0-0 SD Silva

Encontro da 14ª xornada xogado na “Cidade Deportiva de Abegondo”, ca arbitraxe de Daniel García Lesta. Os dous equipos non foron capaces de aproveitar as súas oportunidades en ataque nun encontro no que se impuxeron as defensas. Juan Carlos Valerón deu minutos aos catro xuvenís convocados. Deles, dous foron titulares (Trilli e Yeremay); e os outros dous saíron desde o banco (Nájera e Guille Bueno). Con este resultado, o Fabril mantense sétimo na táboa con 22 puntos e un partido menos xogado.

Os fabrilistas reciben ao Bergantiños CF, lider da competición, o vindeiro Domingo 28 ás 12:00 horas, na “Cidade Deportiva de Abegondo” coa arbitraxe de Gonzalo Villanueva Carballo. Pola sua banda os do Ventorrillo visitan o segundo da liga, UD Somozas no “Manuel Candocia”, tamén o Domingo, a partires das 12:00 horas, coa arbitraxe de David Pereira Ferreiro, na disputa ambos choques da 18ª xornada de liga.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies