AS CRÓNICAS DA 20ª Xda DA 3ª DIVISIÓN : “O BERGANTIÑOS CF CAMPIÓN DE LGA A FALLA DE 2 XORNADAS PARA O FINAL DA 1ª FASE”.

Os carballeses celebraron no “Arasolis” o título de campións.

 

O Bergantiños CF levouse un “Derbi da Costa”, (1-2), moi vistoso para os afeccionados e con numerosas ocasións de gol para ambos equipos. Proclamáronse así os carballeses campións de liga a falla de 2 xornadas para o final da 1ª Fase do campionato, dunha maneira brilante e con tódolos méritos sen paliativos, foron e son o mellor equipo da categoría con diferenza. A nosa máis cordial noraboa e toda a sorte do mundo para a segunda fase, na que estarán acompañados con toda probabilidade polo Polvorín, que goleaba ao Silva, (0-2), e ten moitas papeletas para estar o Vilalbés, que derrotaba ao Somozas e podería superalo na clasificación se gaña o encontro que ten aprazado.

Tralo remate do derbi costeiro o adestrador Ángel López presentaba a sua dimisión, tras 4 derrotas consecutivas dende que colleu o equipo.

 

20ª Xornada

SD Fisterra 1-2 Bergantiños CF

Moi ben o Fisterra nos primeiros compases, pero foron os carballeses o que tiñan a primeira ocasión crara por parte de Bilal que mandaba preto do pau un remate a porta. Sen dúbida a mellor ocasión do primeiro periodo para os fisterráns tívoa Juan de Dora, pero topábase cun paradón de Canedo. No treito final os bergantiñáns rondaron o gol por medio de Cano e Concheiro, e chegaría por medio de Cano no 42. Non se veu abaixo o equipo verdiño, e puido igualar antes do tempo de lecer, por medio de Natha. Xa na segunda metade os dous equipos sairon a polo gol, e primeiro os carballeses nas botas de Duque e de seguido os fisterráns nas de Juan de Dora, puideron mover o marcador. O encontro vistoso para os espectadores puido ter moitos goles, pero ou ben os defensas ou ben os porteiros anticipábanse os dianteiros. Herbert poñía o 1-1 no 70 nos millores minutos dos locais, pero pronto marcarían os carballeses, tras unha gran xogada por banda con pase dende o lateral para que Lamelas non tivese máis que empuxala.  Pouco despois Makaay era agarrado no área, pero o colexiado Miguel Ángel Castro, non pitaba nada. Buscou o empate o clube fisterráns pero fallaria na definición en tiros de Cespón e arón López.

Noveno encontro do Bergantiños CF sen coñecer a derrota e merecido título de campión a falla de duas xornadas para o final da 1ª Fase.

 

Agrupación Estudiantil 2-6 Fabril

O Fabril reencontrouse co gol en Santiago con motivo do seu encontro ante a Agrupación Estudantil (2-6), correspondente á 20ª xornada no subgrupo A de a Terceira División. Sobresaliente actuación do conxunto de Juan Carlos Valerón e en especial de Adri Castro, que celebrou a súa renovación polo Dépor imitando con outro hat trick a Miku no primeiro equipo. Pescador, Juan Cambón e un futbolista rival en propia meta completaron o marcador para un Fabril con moita presenza en ataque e até con dous disparos ao pau.

 

UD Somozas 0-1 Racing Vilalbés

Encontro tenso polo que se xogaban e máis dende o minuto 3 no que o local Garrido facíalle unha forte entrada ao vilalbés Cuadrado cando se ía só cara porta. A colexiada Elena Casal deixaba todo nunha amarela e o xogador tras estar fora do terreo de xogo endo atendido durante 5 minutos, tiña que abandoar o encontro antes do cuarto de hora. Foi mellor o equipo somocés na primeira metade e puido adiantarse no marcador, pero era o visitante José Alberto o que facía o gol que a postre sería definitivo, (35´), e que lle da aos vilalbeses a oportunidade de subir a 3ª praza en detrimento dos somoceses, se gañan o encontro que teñen pendente os de Vilalba. A segunda metade foi de moitos nervos e pérdidas de balón.

 

UD Paiosaco 2-2 CSD Arzúa

Non saeu moi ben o encontro o equipo de Peisaco, que veu como o Arzúa dominaba o encontro e poñíase por diante cun penalti moi protestado polos verdibrancos. Transformábao Oker Hurtado, (31´), que 3 minutos despois volvía a batir a Rama. Xa na segunda metade sairon mellor os peisaqueses e fixéronse co encontro. Eiro nun penalti de “compensación”, polo pitado na primeira metade, facía o 1-2, (64´), o que actibaba máis aos locasi, que igualaban o choque no 82 por medio de Otero e tiñan ocasións como para levarse os 3 puntos.

 

SD Silva 0-3 Polvorín FC

Nada que obxetar sobre a vitoria dun Polvorín que aos 25 minutos de xogo gañaba por 0-2 con goles de Martínez, (5´e 25´). Na segunda metade control dos lucenses que facían o terceiro o fío do pitido final, por medio de Escobar, (89´). O equipo de Bardanca volve a xogar este mércores na Grela 1 ante o Viveiro CF a partires das 20:00 horas en encontro adiado no seu día por positivos en COVID-19.

 

Viveiro CF 4-0 CD As Pontes

Encontro xogado este sábado 13 de Marzal no “Cantarrana” de Viveiro, arbitrado por Luis Lois e no que os viveirenses dan un gran paso para evitar poñerse en problemas ante un rival direto, que de vencer poñería de cheo aos de Viveiro na loita pola permenenza. Os goles dos locais foron obra de Alejandro, (7´) e Nicolás, (43´), na primeira metade e o propio Ncolás repetía a volta de vestiarios, (50´) e Pablo Louzao poñía no derradeiro treito do encontro o definitivo 4-0, (81´).

 

-Foto : CRTVG

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies