AS CRÓNICAS DA 18ª Xda da 3ª DIVISIÓN GRUPO NORTE : VITORIA DO BERGANTIÑOS E DERROTAS DE FISTERRA E PAIOSACO.

O Bergantiños sácalle 7 o Somozas ca vitoria ante o Fabril e o empate dos somocenses co Silva.

 

Fabril 1-2 Bergantiños CF

Foi mellor o Fabril nos primeiros 45 minutos nos que se adiantaba cun tanto do ex canteirán do Bergantiños CF, Álex Boedo, antes da media hora de xogo. Un equipo o fabrilista que partía de inicio con 4 xogadores xuvenís. Pero o lider na segunda metade amosou a sua solidez defensiva e o seu caracter en ataque. José Luis Lemos que xa saira cun once moi ofensivo, deulle unha volta de torca o equipo e a pesares de arriscar, soubo remontar para levarse os 3 puntos, con goles de Lamelas e Marcos Remeseiro, (ex fabilista), no derradeiro treito de encontro, ante un equipo o branquiazul que suma a cuarta xornada sen gañar e posicionase en postos de descenso.

Fabril: Alberto; Trilli (Isra, min. 84), Yuste, Juan Rodríguez, Guille Bueno; Javi Sánchez, Sanmartín (Kanouté, min. 77), Barba, Yeremay (Pesca, min. 84); Adri Castro e Álex Boedo, (Jairo, min 84).

Bergantiños: Brais; Vela, Agulló (Diego Rodríguez, min. 90), Iago López, Aarón (Abel, min. 77); Carlos (Uzal, min. 89), Remeseiro; Yelco (Concheiro, min. 46), Lamelas, Cano e Duque.

Goles: 1-0, Álex Boedo, min. 28. 1-1, Lamelas, min. 78. 1-2, Marcos Remeseiro, min. 88.

 

SD Fisterra 0-1 Racing Vilalbés

Non puido celebrar cunha vitoria Ángel López a sua volta o banquillo do equipo fisterrán e él mesmo nos conta a sua visión do encontro ante os vilalbeses :

“Pois non empezamos ben esta nova etapa. A pesar de facer un gran partido de dominar o contrario a maior parte do tempo, e de dispoñer de muoitas ocasións de gol, sobre todo a balón parado, con moitos corners e saques de banda cercanos a portería que demostra o acoso a portería rival. O Villalbés fixo o seu partido, puxo o gol no minuto 5 da primeira parte, e a xogar a contra repregados atrás, con xogo directo e segundas xogadas, nas que nos creaba perigo, pero en moi poucas ocasións, un gol e duas contras, eso si moi perigosas. E un equipo moi ben traballado e saben o que fan, en todo momento. Lamentar a lesión de Aarón Muros ao que lle romperon o nariz aos 20 minutos da primeira parte, e Caridad lesionouse no comezo da segunda. Tantos partidos nos esta pasando factura. Contento co traballo realizado polos xogadores e a seguir pelexando”.

SD Fisterra : Bouzón; Bilal, Pablo Vigo, Caridad (Herbert, min. 37), Aarón López, Jose Marcote, Cespón, Aarón Fernández (Nathaniel, min. 17), Álex Ramos, Eloy (Lobelos, min. 56) e Capelo (Juan de Dora, min. 56).

Racing Vilalbés : Rumbo; Diego López, Buyo, Verez, Muíña, Jose Varela, Make, Cuadrado (Aitor García, min. 89), Dani Pedrosa (Marino, min. 75), Santi (Anxo González, min. 83) e Bruno Caballero.

Gol : 0-1, min. 5: Muíña.

 

 

UD Paiosaco 0-1 Polvorín FC

Mereceu máis o equipo de Peisaco ante un dos “cocos” da liga, que se levou os 3 puntos por eficaciá e pola falla de definición dos peisaqueses, que foron superiores en grande parte do encontro. A expulsión do visitante Salazar con dobre cartón, (6´e 45´), fixo que os lucenses se amosasen máis defensivos e pechasen filas ante o porta defendida por Julen, ante un Paiosaco que tivo ocasións dabondo para levarse o encontro pero foron os visitantes os que atoparían co gol a falla dun cuarto de hora para o final.

UD Paiosaco: Rama; Gamallo, Ventola (Josiño, min. 76), Edu Días, Juanma, Moure (Tani, min. 80), Otero, Sayés, Eiroa (Litos, min. 66), Modia (Agulló, min. 66) e Casariego (Richi, min. 66).

 Polvorín FC : Julen; Asier, Dani Vidal, Jesús, Manu Morais (Martín López, min. 90), Manu Núñez, Antón Escobar (Marcos González, min. 81), Oubiña, Antón Quindimil, Salazar e Iago Novo (min. 85, Álex Fidalgo).

 Gol : 0-1, min. 75: Antón Escobar.

 

RESULTADOS 18ª XORNADA

Fabril 1-2 Bergantiños CF

SD Fisterra 0-1 Racing Vilalbés

UD Paiosaco 0-1 Polvorín FC

Agrupación Estudiantil 5-1 CD As Pontes

Viveiro CF 0-3 CSD Arzúa

UD Somozas 0-0 SD Silva

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies