Os cántabros usaron de todo para cortar o xogo.
Xa en frío cabe analizar un pouco o que pasou no día de onte en Riazor, máis se cabe vendo as pataletas de moitos nas redes sociais, en moitos casos, en quente e sen meditar o que se di.
Que o Dépor se veu sorprendido polo plantexamento dos cántabros?…verdade.
Que non se soubo meterlle o dente en toda a primeira metade…verdade.
Que tralo gol o equipo perdeu o norte?…verdade.
Son moitas cousas que se fixeron mal, pero dicir que o equipo non lle meteu 2bemoles”, paréceme insulyalos, pois ainda sen sairlle as cousas os xogadores sempre lle meteron peito o encontro. Borja Jiménez, puido equivocarse no plantexamento ou nos trocos, pero o peor dos pesadelos foi ese gol en contra, tras 2 encontros nos que se nos puxeron por diante, e nos que merecemos golear, pero faltou acerto e sorte, con paradas de porteiros, defensas e paus, chegouse a este cunhas esixencias máximas, e cun Riazor volcado.
Non mereceu perder o Dépor, digan o que digan os supostois entendidos, pois o Dépor gozou de duas ocasións inmellorables, (que erraron), o comezo do choque. William de Camargo foi obxeto dunha falta dentro do área sen balón, que o árbitro cólleo de costas, pero non os liñas, con cero a cero no marcador, e toda a segunda metade buscaron o gol e tiveron a máis clara, que trocaría o sentido do choque, cando William disparou o segundo pau, e un toque ca punteira dos dedos do meta visitante, fixo que o balón fose o poste. Ata o pitido final buscaron un gol que mereceron, fixérano mellor ou peor, pero loitaron ata a extenuación, a pesares do “xogo sucio” dos cántabros.
Un “xogo sucio” que xa comezou fai semanas co aprazamento por 2 casos de xogadores con COVID-19 e un técnico. Todo un despropósito, auspiciado polo xuiz da RFEF, que consinteu que se aprazase o encontro, prohibundo ir a velo aos estadio a moitos socios e afeccionados que na noite de onte non poderían estar por cuestión de traballo, (como caso os dos mariñeiros que están no mar a esas horas, ou chegando de faenar, antre outros moitos). Ese aprazamento beneficiou os cántabros que recuperaron a xogadores lesionados e no día de onte puideron dispor de xogadores fichados no mercado de inverno que daquela ainda non tiñan.
Se aí comezou o “xogo sucio”, onte continuou coa sua aptitude no campo tralo gol, perdas de tempo contínuas, faltas en exceso, piques cos xogadores deportivistas, e un sinfín de triquiñolas para desestabilizar os deportivistas e encrespar os afeccionados, co beneplácito do colexiado, que permiteu todo e que se a moitos lles pareceu moito o desconto de 7 minutos, só cando fixeron o esperpento dos trocos na segunda metade, a pérdida rozou os 3 minutos.
Agora en frío só cabe esperar que o Domingo ante o Calahorra chegue unha vitoria para acabar cas tensións, pero cabe pensar de que non será o derradeiro encontro que perdamos, nen o Santander e o resto de equipos van a gañalos todos.
Son moitos os que xa dan por perdido o liderato que tanto queremos, e que ninguén pensaba que a estas alturas estaríamos nesta situación tan cómoda, a pesares dos derradeiros resultados. De seguro que os que xa se rasgan as vestiduras contan que o Santander gañarça sen problema a sua vindeira cita ante o Unionistas, e a seguinte 3 días despois ante a Cultural, ambas fora. Un síntoma de que todo parece ser difícil para nós e doado para o resto, pero dase a casualidade de que os cántabros que sairon reforzados de Riazor, viñan de empatar na casa ante o Badajóz.
Agora queda pensar no seguinte encontro e buscar seguir sumando que esto é moi longo, e co que se reforzaron os equipos e na loita por evitar os postos de descenso, para nós e para os de arriba ha de haber moitas sorpresas negativas.
Forza Depor sempre!!!…
-Texto : Xosé Búa/piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo