AS COSTEIRAS, SARAY DUARTE, SASKIA RODRÍGUEZ E ROSIO PÉREZ CAMPIONAS DE ESPAÑA DE FÚTBOL PRAIA CA SELECCIÓN GALEGA.

Galicia fíxose co Campionato de España de Fútbol Praia disputado en Cadiz na “Playa de la Victoria”, tras derrotar na tanda de penaltis a Selección Andaluza. O resultado o remate do tempo regulamentario e da prórroga era de 1-1, e na tanda de penaltis apareceu Rosio para deter dous dos penaltis e darlle o tunfo as nosas.

 

Xunto con Rosio, xogadora do Xallas FC, tamén estiveron Saray Duarte, xogadora do Fisober FSF e do UC Cee e Saskia Rodríguez, xogadora do Corme CF. As tres trocaron de modalidade deportiva pero leváronse, cas suas compañeiras, o título nacional.

O mércores eran os nenos da Selección Galega Infantil os que levantaban a Copa de Campións de España.

O equipo Sub17 que dirixe o liracho, adestrador do CF Dumbría, Santi Cubela xogou polo terceiro e cuarto posto con Canarias a primeira hora. Foi un partido vibrante que gañaron as canarias. Pero esta derrota non empaña o magnífico campionato feito polas galegas, que estiveron moi preto de loitar tamén polo título.

 

A nosa noraboa a tódalas/os que forman as Seleccións Galegas de Fútbol Praia por estes trunfos e a competitividade do resto de equipos que formaron por parte galega nos campionatos de Cádiz”.

 

-Fotos : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies