AS COSTEIRAS PATRI ROMANÍ E INÉS SUÁREZ RENOVAN CO VIAXES AMARELLE FSF

 

Patri Romaní e Inés Suárez un ano máis co Viaxes Amarelle FSF

A muxiana Patri Romaní unha das capitanas do equipo, e a camellana Inés Suárez veñen de asinar a sua renovación co Viaxes Amarelle FSF, que a vindeira tempada disputará a 2ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino, tralo descenso a pasada tempada da máxima categoría, a que tratarán de voltar as rapazas costeiras co equipo ao que xa axudaron a alcanzala o ano pasado. Polo tanto a Costa da morte segue representada en Patri e Inés na élite do futsal español.

O clube segue cas renovacións

Ademáis das duas rapazas costeiras, con pasado conxunto no Fisober FSF, máximo exponente do fútbol sala feminino na Costa da Morte, o clube herculino anunciounos as renovacións do adestrador Jorge Basanta, así coma o da porteira Carmen Pérez, na que será a sua sexta tempada no clube, e da internacional holandesa Renée Huizinga, que chegou a pasada tempada. Tamén renovou María Gómez, que xa leva 12 anos no clube e que o ano pasado foi a máxima goleadora con 9 tantos.

Tamén renovou a “xoia” do equipo, Martita López-Pardo, que tal e como recollemos no noso cadro de honra desta semana, nas “Nosas estrelas”, foi elixida “xogadora revelación” da pasada tempada na 1ª División e que tiña ofertas de equipos punteiros da máxima categoría pero que prefireu seguir vestindo de “laranxa viaxeiro”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es