As Copas do Rei e da Raíña de Hockey a Patíns, que se xogarán no Palacio dos Deportes de Riazor, sortearanse o 20 de Maio no Concello da Coruña.

O Palacio dos Deportes de Riazor acollerá os encontros.

 

As Copas do Rei e da Raíña, a disputar na Coruña do 10 ao 13 de xuño, xa teñen data de sorteo: o xoves 20 de maio ás 12:30 h.

Nun acto para celebrar no Concello da cidade e con retransmisión de OKLIGA.TV, membros da Real Federación Española de Patinaxe compoñerán os cadros de ambas as competicións.

Na Copa de categoría masculina, con participación do Deportivo Liceo, haberá catro cabezas de serie: o propio Liceo, o Barcelona, o Reus Deportiu e o Caldes. Non se poderán enfrontar entre eles nos cuartos de final. Os cruces de semifinais emparellarán aos vencedores dos cuartos de final que xoguen o primeiro e o cuarto clasificado por unha banda (Liceo e Caldes) e os do segundo e o terceiro polo outro (Barcelona e Reus). Completan a Copa do Rey o resto dos oito mellores clasificados da OK Liga na súa primeira volta: Lleida, Voltregà, Noia e Xirona.

Na Copa da Raíña participarán Magic Studio CP Manlleu, Cerdanyola CH, Telecable HC, CP Las Rozas, Generali HC Palau de Plegamans, CP Voltregà Stern-Motor, CHP Bigues i Riells e PHC Sant Cugat.

O escenario principal será o Palacio dos Deportes de Riazor, que celebra o seu 50º aniversario, e revivirá este torneo por cuarta vez, despois de acollelo en 1964, 1984 e 2009. Ademais, A Coruña tamén viviu a fase final do torneo copeiro con eliminatorias a dobre partido en 1986 e 1989.

-Foto : Concello de A Coruña

-Texto : piratasdemuxia : 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies