AS CLAVES DA FINAL DA “LVII COPA DA COSTA”, (SD FISTERRA 2-1 SCDR ESTEIRANA).

O Fisterra campión de Copa.

 

A ANÁLISE DE RUBÉN GARCÍA

(Adestrador do Laracha CF)

Resumiría a final da Copa da Costa, a cuarta que conquista a Sociedade Deportiva Fisterra, en sete claves. Sete é o número que leva Adrián Makaay, o capitán de Fisterra, e sete son tamén os goles que marcou no torneo, incluido o da final que significou o 1-0.

1. Propostas tácticas similares. Fisterra e Esteirana encararon a final con dúas propostas semellantes. Ambos equipos apostaron polo 1-4-2-3-1; no equipo fisterrán con Julián na mediapunta e no de Esteiro con Pablo Rama nesa posición. Nos primeiros minutos, o conxunto de Juan Porrúa asumiu o protagonismo do partido a través da pelota con saídas en curto desde a primeira zona con moita participación dos dous centrais (Aarón Fernández e Aarón López) e da parella de medios (Cespón e Cea).

2. O Fisterra sufriu na espalda dos laterais. Os principais problemas defensivos do Fisterra estiveron na espalda dos dous xogadores que formaron nos costados da liña defensiva. Nin Aarón Lobelos nin Breixo (que ademais tivo que xogar a perna trocada) son laterais e a Esteirana aproveitouno para profundizar cos seus dous extremos (Raúl Lestón e Elías), que crearon practicamente todo o perigo ofensivo do conxunto de Esteiro.

3. A pegada dun equipo de superior categoría. Coincidindo cos mellores minutos de xogo e ocasións da Esteirana, o Fisterra demostrou a súa categoría e, sobre todo, a súa pegada. Tal vez a Esteirana, que estaba a atoparse cada vez máis cómoda no partido, pecou de exceso de confianza nunha saída de balón en curto despois de que as primeiras foran directas por parte de MJ. Cea saltou a apretar a Pablo Rama, que perdeu a pelota. Julián fixo o seu (asistir) e Makaay o seu (definir).

4. Golazo merecido da Esteirana. Por unha proposta valiente ante un equipo de dúas categorías máis e, sobre todo, por ocasións claras, a Esteirana non merecía chegar ao descanso co marcador en contra. Raúl Lestón, o futbolista con máis influencia no xogo ofensivo dos 22 que estaban no campo na primeira metade, recibiu en tres cuartos de campo e marcou un golazo coa esquerda sorprendendo a Iván Bouzón.

5. O mellor Fisterra, tralo descanso. Os mellores minutos do Fisterra na final da Copa da Costa foron os primeiros vinte do segundo tempo. O equipo de Juan Porrúa xogou en campo contrario, impediu que a Esteirana estivese cómoda coa pelota e creou ocasións de gol de todo tipo: pola dereita, pola esquerda, con pases interiores de Julián, a balón parado… O conxunto fisterrán despregou o seu mellor fútbol nun comezo de segunda parte no que inclinou o campo hacia a portería de MJ.

6. Xuventude, frescura e verticalidade por fóra. Dous xogadores sénior de primeiro ano foron titulares na final de Copa. Diego Estévez pola dereita e Víctor Casais pola esquerda foron dous puñais que fixeron que tanto Suizo como Simón, laterais da Esteirana, tivesen que estar máis pendentes da fase defensiva que da ofensiva. Na segunda metade, a medida que o cansancio facía que lle pesaran as pernas a todos os xogadores do campo, Estévez e Casais fixéronse notar máis aínda gracias á súa xuventude, frescura e verticalidade.

 

 

7. A última gran ocasión da Esteirana. O 2-1 non era un marcador co que o Fisterra pudiese confiarse, pero foi capaz de controlar o encontro sen sufrir grandes ocasións por parte da Esteirana. A máis clara chegou no minuto 74, de novo cunha situación exterior na espalda de Breixo. Interviron Raúl Lestón, Sui e Oliver, que mandou un zapatazo á trabe. Nos últimos minutos, a Esteirana apostou polo xogou directo e nese contexto os dous Aaróns, Fernández e López, xa non é foran dominadores na final: defendendo balóns frontais son futbolistas ‘TOP’ en Preferente, incluso nunha categoría superior.

E así morreu a final, coa alegría do Fisterra e cun sabor agridoce dunha Esteirana que conseguiu o ascenso a Primeira e chegar á final de Copa.

 

-Foto : RFGF

-Texto : Rubén García