AS CATRO PAUTAS NA FOLLA DE RUTA DE ÁLVARO GARCÍA, NOVO PRESIDENTE DO RC DEPORTIVO.

 

Trala participación de accionistas no remate da Asemblea Xeral de Accionistas do RC Deportivo, o novo presidente, Álvaro García Diéguez marcou catro pautas na folla de ruta do novo Consello de Administración do clube, no que o acompañan, Álex Bergantiños, Carlos Ballesta, Michelle Clemente, Vicente Fernández e David Villasuso.

A estas pautas hai que sumar a innegociable de devolver o clube ao sitio que se merece. Dixo que o máximo accionista implicouse cando o clube estaba o borde da desaparición e que o “compromiso permanece intacto e seguen asumindo a responsabilidade de levar o Depor a elite”.

Sair do concurso de acreedores

Álvaro García anunciou que para setembro haberá outra asemblea de accionistas e na mesma buscarase a saida do concurso de acreedores, “para avanzar na reestruturación do club. Nela abordaremos, entre outros puntos, a reforma dos estatutos e, como xa indiquei, a saída do concurso”.

A canteira

O tema do desaproveitamento do bo intre que vive a canteira deportivista é un berro unánime da afección e García Diéguez dixo que queren que a canteira “sexa un dos eixes do clube”.

A comunicación co deportivismo

O novo presidente dixo que queren “trocar a política de comunicación e estar moito máis preto cos accionistas e da sociedade coruñesa e galega…O meu compromiso é manter informados os accionistas das decisións segundo vaiámolas tomando”.

As relacións co Concello da Coruña

“Queremos ter unha relaciones institucións inmellorables co Concello de Coruña e a súa alcaldesa. A cor política deste consello chámase Deportivo e non temos outro interese”, e que se pon, “ao dispor da alcaldía para xestionar todos aqueles asuntos que nos incumben a ambas as entidades. Unha das miñas primeiras accións será solicitar unha reunión con Inés Rey e presentarlle o noso proxecto”, dixo Álvaro García. 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”